Egueire bota a andar, superando adversidades, o proxecto agropecuario en Costa de Marfil
Paso a paso segue medrando outro dos proxectos reais e realistas da ONG Egueire. Con Galicia como fonte de financiamento e de formación, a entidade costeira está desenvolvendo accións concretas para mellorar a calidade de vida dos habitantes do seu país, Costa de Marfil. Feitos como a posta en marcha dunha maternidade demostran que cada céntimo que poñemos cando colaboramos con Egueire nas suas actividades, valen o seu peso en ouro.
Outro dos seus proxectos estrellas está relacionado co mundo do agro. César Kinino e Joseph Arnaud pasaron 2 anos formándose no Centro de Formación Rural EFA Fonteboa. En agosto do ano pasado regresaban a Costa de Marfíl para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e iniciar o proxecto. A cousa marcha, pero a realidade é máis dura do esperado.
Un proceso máis complicado do esperado
Egueire contaba xa para este proxecto cun terreo de 10 hectáreas que cediu o pobo de N´Zida con visión a este proxecto; no cal desde que os mozos chegaron, ou mais ben dende que se iniciou a súa formación en Galicia, xa estaba en marcha grazas a colaboración de socios e os veciños que sustentan coas súas donacións a construción dun futuro para este pobo.
O primero paso que se levou a cabo foi a limpeza do terreo con densa vexetación a cal é selvosa; a limpeza foi manual coa utilización de machetes... e demais materiais manuais utilizados na zona. Tras meses de intenso traballo, chegou a última fase na que foi imprescindible a utilización dunha máquina para arrancar as raíces das árbores retiradas e remover a terra, pois era imposible facer este traballo de forma manual. Para esta labor a máquina máis cercana estaba en Abiyán, a uns 200km do terreno.
Ao mesmo tempo se estaba traballando na localización de auga para construir un pozo de barrena e así poñerse manos a obra no cultivo nada máis terminar o desbroce, e se logrou tras 3 intentos. Ese día, cando a auga emanaba do terreno César e Joseph non podían aguantar a ledicia de ver que o proxecto de Egueire esta cada vez máis cerca e que todas as horas, días e noites de duro traballo ían comeza dar resultados.
Agora iniciase unha nova etapa neste proxecto cos primeros cultivos de legumes, tomates, pimentos… que serán entregados a cooperativas de mulleres para distribuir a población. Pero este é só o primero paso de moitos, pois o proxecto evolucionará a actividade de crianza de porcos, ovellas, polos e coellos.
“Xuntos construimos futuro”
Dende Egueire síntense satisfeitos por todo o traballo que están realizando os mozos, quen queren agradecer con resultados a toda xente que os axuda da man de Egueire e demostrar que como dice o lema da ONG, “Xuntos construimos futuro”.
Agora o obxectivo xa se centra na construcción dunha infraestructura que se destinará como almacén da colleita que está iniciando e como centro de reunións para as cooperativas de mulleres e futuro centro formativo de outros mozos nas técnicas de cultivo e ganderia. Para esto, estase iniciando a construción dun centro que supondrá un coste de 24.000€ dos cales se contan con 18.000€ da man da Deputación da Coruña, o restante importe virá de man dos socios e colaboradores da ONG.
Novas dos proxectos de Egueire
- Agosto 19: Galicia e África protagonizan un sabroso intercambio cultural en Mazaricos:
- Outubro 18: Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil.
- Xuño 18: As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17: A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Xullo 16: Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.