Martes. 19.11.2019
El tiempo

Os Empresarios de Santa Comba vólcanse coa AECC cunha comida para recadar fondos

Os Empresarios de Santa Comba vólcanse coa AECC cunha comida para recadar fondos

A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza unha comida solidaria en favor da Asociación Española contra o Cancro. Unha entidade que conmemorou o Día do Cancro pola bisbarra e que segue traballando en recaudar fondos para “previr, sensibilizar e acompañar ás familias e fiananciar proxectos de investigación oncolóxica que permitan un mellor diagnóstico e tratamento do cancro”.

A comida terá lugar o vindeiro 10 de Marzo, no Restaurante Tio Paco das Travesas (Santa Comba).

Ademáis de representantes da Xunta Provincial da Coruña da AECC, contarán coa presenza de Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal da USC, investigador e experto internacional en xenética, quén dará unha charla previa á cea.

O Prezo do Menú é de 30 Euros e unha parte vai destinada a recaudar fondos, así como a aportación de socios colaboradores. Puntos de venda de entradas nas oficinas da Asociación, en Marcapel, Foto Teca, Peluquería Josefa e no propio restaurante. Prazo para recoller os tickets da cea o luns 5 de marzo.

Co ánimo de acadar a maior recaudación posible animámoste a colaborar, ben acudindo a cea ou ben colaborando a través da FILA CERO; calquera donativo é importante.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios