Os Obradoiros de Emprego tamén trataron a Igualadade como tema transversal


O martes 27 de novembro, con motivo do Día contra a Violencia de xénero, e formando parte do módulo transversal de Sensibilización en Igualdade de xénero, o alumnado dos obradoiros de emprego Xallas-Barcala-Dubra V e Conecta2018 con sede en Santa Comba, participaron nunha actividade de formación e promoción da igualdade e sensibilización contra a violencia, impartida por persoal do Centro de Información a Muller que dirixe Esther Espasandín Turnes, Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Santa Comba.
Na actividade, cunha duración de cinco horas, tratáronse temas tan importantes como: xénero e sexo, roles e estereotipos, igualdade formal vs igualdade real, a brecha de xénero, o uso sexista da linguaxe ou a imaxe das mulleres nos medios de comunicación e na publicidade.
Tanto a alcaldesa, María Pose como a Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Esther Espasandín, e o persoal do CIM, trasladaron aos 36 alumnos e alumnas dos obradoiros de emprego, a necesidade de loitar cada día contra todas as formas de violencia cara as mulleres e acadar unha sociedade mais igualitaria.
