Martes. 22.10.2019
El tiempo

Un paso adiante dende o Fonteboa para o proxecto DUMU, o Camiño de Dumbría e Muxía

Alumnado do EFA Fonteboa presentando o proxecto DUMU
Alumnado do EFA Fonteboa presentando o proxecto DUMU
Un paso adiante dende o Fonteboa para o proxecto DUMU, o Camiño de Dumbría e Muxía

Este pasado venres, coincidindo co Día Mundial do Turismo, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Unha cita para coñecer de primeira man o proxecto DUMU, un dos 6 proxectos beneficiados da comarca para poñer en valor o Camiño, no marco das axudas ‘O teu xacobeo’, que se repartirán 80.000€.

O proxecto Dumu centra o seu plan de actuación no tramo do Camiño de Santiago dende Dumbría ata Muxía, vinculando o patrimonio con actividades empresariais que favorezan o desenvolvemento socio-económico das áreas rurais. A creación de vídeos 360 será o principal foco de expansión, para seren promocionados en distintas webs dos concellos, asociacións empresariais/turísticas e no propio portal do proxecto. Asimesmo, realizarase unha campaña de publicidade dos mesmos a nivel europeo, empregando as redes sociais.

Na bisbarra xa coñecimos o proxecto Translatio, que impulsa o Concello de Vimianzo sobre a área de Cereixo, así como Terras de Vákner, impulsado polo Concello de Dumbría.

As axudas tamén inclúen a publicación dunha web “Polo Camiño”, sobre o Camiño Fisterra-Muxía, ou o “proxecto Solpor Fisterra”, centrado na realización de contidos tecnolóxicos (vídeos promocionais, time lapse, web, ect) vinculados coa posta de sol en Fisterra.

Novas relacionadas

Comentarios