Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Rematadas as obras de mellora da potabilizadora de Coristanco

  • Anuncian a creación dunha nova captación de auga para Coristanco.
Potabilizadora EDAR Coristanco
Rematadas as obras de mellora da potabilizadora de Coristanco

Visita institucional onte a Coristanco, onde a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou o resultado das obras da potabilizadora municipal e anunciou que a veciñanza verá asegurada o abastecemento de auga cunha nova captación

A obra, incluída nos orzamentos 2024 cun investimento de 508.000 €., desenvolverase ao longo do ano que vén e dará servizo a case 6.000 persoas, tendo en conta os problemas de seca que vimos sufrindo nos últimos anos.

Obras de emerxencia

Importante o remate das obras, declaradas de emerxencia polo Concello tras producirse, en febreiro do pasado ano, unha avaría na estrutura do falso chan do sistema de filtración, o que supoñía a perda do 50% da capacidade da potabilizadora e, tamén, un risco elevado de perdas do outro 50% por sobrecarga; e outra avaría no bombeo en alta.

Actuouse na unidade de tratamento primario da potabilizadora, substituíndoo por un tratamento de coagulación-flocuación e posterior decantación (con retirada de lodos); na estrutura de filtros e no sistema de lavado de filtros.
Tamén se actuou na caldeiraría e valvularía, esta última cambiada na súa práctica totalidade; renovouse completamente o sistema de automatización e control da potabilizadora; actuouse na liña de lodos e renovouse tanto o bombeo en alta como a sala de reactivos.

Así, conseguiuse poñer fin ás interrupcións no servizo municipal de abastecemento de auga e outras eivas na potabilizadora que estaban a restar calidade na auga subministrada aos veciños.

As obras tiveron un investimento de 765.000€ (80% por parte da Xunta).

Comentarios