Rematan as obras de paso sobre o río Vao que facilitan o paso a varias fincas por un camiño de servizo da Autovía
10:52 02/06/20
Este luns quedaron rematadas as obras as obras de paso sobre o río Vao, en Coristanco, o que facilita o acceso ás fincas nun camiño de servizo da autovía. O camiño de servizo daba acceso a todas as fincas, pero ata o de agora non había posibilidade de cruzar o rego, debéndose acceder ás propiedades de cada marxe do río por un lugar distinto.
Esta intervención, cun investimento autonómico duns 35.000 euros, atendeu á solicitude do Concello de Coristanco para habilitar o cruce dun curso de auga no camiño de servizo da marxe dereita da autovía, no seu punto quilométrico 40+070.