Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba afiánzanse no mundo do ioga e a vida saudable co éxito do terceiro Festival Shanti OM

Santa Comba afiánzanse no mundo do ioga e a vida saudable co éxito do terceiro Festival Shanti OM
Meditando no Festival Shanti OM de Santa Comba Meditando no Festival Shanti OM de Santa Comba Festival Shanti OM en Santa Comba 20

Non todo foi fútbol esta semana en Santa Comba. De feito, a vila xalleira pasou unha fin de semana de paz gracias á terceira edición do Festival Shanti Om. Unha cita que consolida a Santa Comba no mapa do mundo do ioga, da vida saudable e da meditación de toda a península.

Dende o Concello, completamente volcado coa organización, fan unha valoración moi positiva en canto a participación, e en canto a visibilización de Santa Comba, recoñecendo que a nivel de impacto foi un éxito, pois as prazas hoteleiras estiveron ocupadas ao 100% (houbo ademais unahs 100 persoas acampadas na zona de Fontenla), con moitísima xente chegada de Galicia, pero tamén Malaga, Barcelona, Madrid, Granada, Portugal, Fracias… e ata familias hindúes residentes na península.

A organización tivo que colgar o cartel de “Sold out”, pois foron mías de 300 as persoas que participaron nas máis 50 actividades e 10 concertos que se desenvolveron ao longo da fin de semana.
O tempo prestouse e varios dos talleres se puideron facer ao aire libre, na contorna do pazo.

Entre as citas destacadas, sinalan a gran atención que xerou o concerto de Mario San Miguel do venres, ou o Concerto de despedida con Amrita Experience, que fixeron as delicias dos entregados espectadores.

Con esta terceir edición, Santa Comba dá por completamente afianzado esta cita de xuño, esta cita que pon a Santa Comba no mapa do ioga, como un dos festivais máis destacados de toda a penínusula.

Novas relacionadas

Comentarios