![]()
O vindeiro 17 de setembo, o antigo recinto da feira de Santa Comba acolle o
I Certame Gandeiro Cabalar. O día estará cargado de actividades entre as que se atopan un concurso cabalar de razas puras e cruzadas con importantes premios en metálico, exhibicións ecuestres, un espectáculo de danza a cabalo que terá lugar ás 18 horas e unha ruta cabalar polo municipio xalleiro.
Tamén haberá espazo para a música tradicional e para desfrutar da gastronomía. A actividade está organizada polo concello de Santa Comba.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Santa Comba