Santa Comba segue o rumbo político
María Josefa Pose Rodríguez xa está ao mando do Concello de Santa Comba. A Concelleira de Cultura e Servizos Sociais é xa a alcaldesa accidental trala dimisión de Antonio Landeira e mais do teniente de alcalde. Un cargo provisional, pendente de ser ratificado nas vindeiras semanas.
Haberá que ver tamén se se convirte en candidata para as municipais de maio 2015.
Moi respectada polos compañeiros e pola oposición pola súa seriedade e compromiso coas cousas ben feitas, Pose Rodríguez afronta, con calma estes 6 meses de goberno.
Eleccións importantes
Como dicimos, queda moito para as eleccións municipais de maio de 2015. O grupo de goberno aínda ten moito que decidir dentro das súas filas. Pero tamén hai moitas cousas que decidir fóra do PP, pois segundo os últimos resultados, vai haber que mover moita ficha para posibles pactos de goberno.
I é que a día de hoxe o PP goberna en Santa Comba en minoría, con 7 concelleiros, polos 5 do PSdG, os 3 de TeGa e os 2 de IxSC.
O caso é que, ademais, o Concello vai perder 4 concelleiros, pasando de 17 a 13, polo que a votación vai estar moito máis reñida.
A oposición segue afiando posicións. O PSOE de José Antonio Ucha soe ser moi desafiante e incómoda, mentres Javier Facal Calvo e TeGa acostuma ser máis dialogante. O Independiente Miguel Pérez Fernández quere ser tamén chave de goberno.
Novas relacionadas
- 11-11-14: O teniente alcalde de Santa Comba tamén presenta a súa dimisión.
- 09-11-14: Dimite o alcalde de Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).