Martes. 10.09.2024
El tiempo

O TSXG decreta a suspensión cautelar do Parque Eólico de Bustelo-Baralláns

Proxectos eolicos Bustelo Barallans e Alto Torreiro
Proxectos eolicos Bustelo Barallans e Alto Torreiro
O TSXG decreta a suspensión cautelar do Parque Eólico de Bustelo-Baralláns

O pasado marzo de 2023 a Xunta dáballe para adiante, pero hoxe ve como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acorda a suspensión cautelar do Parque Eólico Bustelo-Baralláns, un proxecto que prevía a instalación de 6 xigantes aereoxeneradores de 200 metros de altura, que afectarían directamente e a menos de 600 metros a lugares de Coristanco e Cabana como A Mata, Bustelo, Lestón…

Pero unha denuncia da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asociación ambiental Petón do Lobo, a Asociación galega Cova Crea e a Asociación O Ouriol do Anllóns polo seu impacto ambiental foi adiante.

No auto no que o alto tribunal galego suspendeu as autorizacións administrativas previa e de construción destacando que que existe “unha información precisa e obxectiva que provén do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que dá conta, tanto da localización non idónea dese parque eólico, nunha zona de máxima sensibilidade ambiental pola súa proximidade a núcleos de poboación (enumera 25), así como a súa afección ás especies catalogadas e en perigo de extinción”.
Por iso, tamén considera acreditado o periculum in mora, que forma parte da esencia da medida cautelar, xa que con el se tenta asegurar que a futura sentenza se poida levar á práctica de modo útil, o que non se conseguiría no caso de que se produciran situacións irreversibles.

Altura buxe pe Bustelo e Baralláns copia
Comparativa dos novos eólicos cos xa instalados de Silvarredonda 

Ata hoxe, o alto tribunal galego emitiu un total de 111 autos relativos a solicitudes de suspensión de autorizacións administrativas previas e de construción de 56 parques eólicos, dos cales 52 foron acolledores.

Máis novas

Comentarios