0 70% das obras de Coristanco entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial

11:24 26/04/18


Os lodos de 2012
A Fiscalía pon o foco en 2012, no momento no que dúas empresas propoñen instalar unha pranta de lodos en Coristanco. Un proxecto era presentado por Gesmaga (empresa do irmáns Martínez) e outro da man de Miramontes, a competencia. A Fiscalía denuncia que “o proxecto de Gesmaga foi priorizado e impulsado dende o Concello mentres que o proxecto de Miramontes foi ilícitamente paralizado buscando o beneficio da empresa do grupo Maracaná”. Miramontes non dubidiu en denunciar o caso.A obra pública entre 2009-2013: propiedade de Maracaná
Xa en 2014, a Secretaria Carmen Seoane comezaba a destapar a trama, denunciando irregularidades nas tramitacións e adxudicacións municipais. Así, os expedientes de contratación pública entre os anso 2009 e 2013 son tremendos. “Dos 45 expedientes de contratación pública nese período, a adxudicataria de nada menos que 30 licitacións (case o 70% do total) resultou ser a mercantil Construcciones Martínez e hijos SL por un importe de 2.638.234€”, sinala a Fiscalía. Vai máis alá a Fiscalia acusando a Plágaro de “elixir a empresa a través da designación do redactor do proxecto técnico, e na maior parte sen a confección dun contrato de servizos, facendo fraccionamentos ilegais e mesmo invitando a 3 empresas (o mínimo legal) a participar nos concursos aínda cando se coñecía de antemán que as empresas non estaban interesadas na contratación”. Compre sinalar que os anteriores contratos foron adxudicados por acordo da Xunta de Goberno Local ata 2011. A partir dese momento, os sucesivos contratos foron adxudicados directamente por Antonio Pensado Plágaro, quen se avocaba as competencias da Xunta de Goberno.Os 30 contratos
Aquí traemos os 30 contratos que se a Fiscalía “estima irregularmente adxudicados aos irmáns Martínez Pena” durante os anos 2009, 2010, 2011, 2012, e 2013. ANO 2.009 1.- Afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Agualada, Cuns, Oca e Seavia e muro de contención na parroquia de Oca, por un importe de 91.948,30€. 2.- Praza, saneamiento, beirarrúas e afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales na parroquia de Erbecedo, por un importe de 91.234,42€. 3.- Saneamiento, beirarrúas, afirmado e melloras da capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Traba e S. Paio, por un importe de 82.481,83€. 4.- Afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Valencia, Cereo, S. Xusto, Castro e Seavia, por importe de 71.544,10€. 5.- Melloras na escola unitaria da parroquia de San Paio, beirarrúa e afirmado da capa de rodadura nos camiños rurales de San Paio e Erbecedo, por importe de 93.006,44€. 6.- Praza parroquias Ferreira e S. Xusto e afirmado e mellora de capa de rodadura camiños rurales na parroquia de Seavia por importe de 87.429,41€. 7.- Melloras nas escolas unitarias das parroquias de Xaviña e Valencia; beirarrúas, saneamiento, muro de contención e afirmado e mellora de capa de rodadura nas parroquias de Saviña, Castro, Valencia e Verdes por importe de 88.270,13€. 8.- Praza pública de Xaviña por importe de 110.200€. 9.- Saneamiento, beirarrúas, rede de abastecemento de auga e afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales na parroquia de Traba por importe de 73.412,21€. 10.- Afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales na parroquia de San Paio por importe de 79.919,45€. 11.- Saneamiento, beirarrúas e acondicionamiento contorna área recreativa na parroquia de Agualada e afirmado e mellora de capa de rodadura en camiños rurales nas parroquias de Agualada e Cuns, por importe de 69.854,40€. 12.- Afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Seavia, San Paio e Traba por importe de 64.146,77€. 13.- Afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales na parroquia de Valencia, por importe de 67.173,58€. 14.- Proxecto de parques infantís en parroquias de Agualada, Traba, San Paio, Valencia e Erbecedo, presupostado en 70.189,66 euros e adxudicado en 66.680,17€. ANO 2.010 1.- Rede de recolleita de augas pluviales en Traba e Castro presupostado en 150.503,56€ e adxudicado a través do procedimieno aberto con publicidade. 2.- Proxecto de afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Traba, Erbecedo, Oca, Valencia e Agualada por importe de 98.889,34€. 3.- Proxecto de construción de depósito de auga potable na parroquia de Seavia, pavimentación do área do punto limpo e mellora da capa de rodadura dun camiño rural na parroquia de San Paio, por importe de 72.862,68€. ANO 2.011 1.- Mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Agualada, Oca, Xaviña, San Paio e Cuns, muro na parroquia de Oca e saneamiento na parroquia de Cuns por importe de 89.892,05€. 2.- Mellora de capa de rodadura en camiño rural na parroquia de Erbecedo, acondicionamiento acceso cemiterio de Seavia e muro en parroquia de Cereo, por importe de 92.555,93 euros. 3.- Proxecto de acondicionamiento de praza pública de Erbecedo por importe de 95.460,02 €. ANO 2.012 1.- Mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Castro, Ferreira e San Paio, por importe de 87.737,08€. 2.- Rede de traída de augas na parroquia de Seavia, rede de saneamiento na parroquia de Verdes e mellora de capa de rodadura nas parroquias de Seavia, Verdes, Cereo, Erbecedo, Xaviña, Oca e Agualada por importe de 81.120,87€. 3.- Mellora de camiños rurales nas parroquias de Cuns, Couso e Valencia. 4.- Pechadura e acondicionamiento na escola Feira Nova, acceso praza e mellora de capa de rodadura de camiños rurales na parroquia de S. Paio por importe de 97.278,84€. 5.- Mellora de capa de rodadura de camiños rurales nas parroquias de Ferreira, Traba, Oca, Cereo, Castro, Valencia e Xaviña. 6. Mellora de depósito na parroquia de Agualada, acondicionamiento de praza na parroquia de Seavia e Couso. ANO 2.013 1.- Mellora de capa de rodadura de camiños nas parroquias de Verdes, Agualada e Cuns, por importe de 33.180,41 €. 2.- Parque infantil de San Roque, por importe de 69.883,33 €. 3.- Parque infantil de Agualada por importe de 34.341,36 €. 4.- Praza da capela da Rabadeira.Novas relacionadas
- Abril 18: O “dedo” adxudicador de Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
Novas de Coristanco
- Marzo 18: Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?.
- Marzo 18: Coristanco esquece a couza da pataca e só terá un pleno cada dous meses.
- Marzo 18: As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Febreiro 18: Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- 30-01-18: Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016.
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).