Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As 14 prazas sen oposición da Xunta para os CS da Costa: “Desvestir un santo para vestir outro”

Manifestacion contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castineira 2
Unha das manifestacións contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castiñeira
As 14 prazas sen oposición da Xunta para os CS da Costa: “Desvestir un santo para vestir outro”

Anunciaba onte a Xunta a cobertura de 14 prazas de médicos de atención primaria en centros sanitarios da comarca. Prazas cubertas sen oposición, a través dun concurso de méritos, que permitirá ter 8 novos profesionais para o Hospital de Cee e 7 para varios centros de ensino durante os vindeiros 2 anos.

As primeiras reaccións xa se fan chegar. A comprometida Plataforma Pediatras e Matronas Xa!, radicada na Costa da Morte, analiza a medida tomada polo Sergas. As familias que hai detrás da entidade aseguran estar contentas de que por fin haixa pediatra, pero avisan de que “dentro de 2 anos imos estar peor”. Están “satisfeitas de que gracias a darlle voz as demandas das crianzas conseguiramos que a Xunta se apretara os miolos e fixese algo, aíinda que sexa a medias, e estamos dispostas/os a seguir coa loita pois NON ACEPTAMOS UN CARAMELO COMO SUSTITUTO DUNHA COMIDA”, sinalan.

A entidade lembra que “Non se estan sacando novas prazas para pediatría nin para o resto das especialidades. Están ofrecendo concursar por méritos, ou sexa que persoal que acualmente traballa a contratos no SERGAS, se presentará a cubrir unha praza deixando a que ocupaba ata agora. DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTRO”, valoran.

Alertan ademais que “este persoal que agora saque a súa praza fixa en 2 anos pode mover en “concurso de traslados, e novamente a praza quedará descuberta, contando ademais con que dentro de 2 anos haberá máis pediatras xubilados polo tanto máis nenos/as sen atender. Esto é PAN PARA HOXE E FAME PARA MAÑÁ”.

Máis novas sobre sanidade

Comentarios