Venres. 29.03.2024
El tiempo

15 anos despois volve a revista turística Finisterrae

15 anos despois volve a revista turística Finisterrae

Volve funcionar este dominio www.finisterrae.org, como referente en materia turística da Costa da Morte. Dende Carballo, a empresa Abertal, recupera un dos portais Turísticos decanos da internet en España. E o presenta cunha nova edición, con versión para móbiles, axudas de xeoreferencia para chegar ás localidades, etc...

A presentación oficial será na edición 2011 da feira B.WEB, que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de xuño no recinto de Expocoruña. Alí, o xoves día 2 na sección B-DEMO, presentarán ademais unha ponencia titulada “Ferramentas para sacarlle pasta a esto da internet”.

O novo Finisterrae ao igual que os anteriores sae coa intención de ser unha referencia turística e empresarial da Costa da Morte e non un diario de novas da zona, por eso a información vai sempre pensada para aquela xente que busca dende fóra información sobre a Costa da Morte.

Unha das apostas que mantén é a “Libreta de Man”, onde desde a súa morte foron centos as persoas teñen deixado mensaxes. Ademais, o manifesto polo Parque do Megalitismo, e outras ferramentas de xeorreferencia de como chegar a cada un das localidades da zona, forman parte da información do portal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Abertal.

Comentarios