Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac

Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac

E continuamos repasando as historias deses heroes anónimos, dalgún daqueles voluntarios que viñeron limpar as nosas praias, e que conseguir cambiar o negro do chapapote e o branco dos monos polas mil cores que locen xa nas nosas praias.
Unhas historias cheas de sentimento, que saen do corazón, i é que ademais de cambiar mil cousas na forma de entender o mundo ás xentes da Costa da Morte e de toda galicia (se cadra non o suficiente), para eles mesmos, formar parte da marea branca foi tamén un completo cambio nas súas vidas. Dende aquela non son os mesmos.
Nin nós! Un milón de gracias!

Xa coñecimos a Pepita, a primeira voluntaria do Prestige. Hoxe quedamos con Isaac, un voluntario catalán que veu, e que volveu.

Un catalán na Costa

Isaac chegou á Costa da Morte aló polo mes de xaneiro de 2003. Viña de Barbará, unha pequena vila de Tarragona, onde traballaba a uva. Alentado tanto pola marea negra como pola branca, Isaac emprendeu camiño o Atlántico para botar unha man.

Chegou a Fisterra tras pasar por varios puntos da zona onde non o acollía. Foi Begoña, a hospitaleira do Albergue da fin do mundo a que o acolleu cos brazos abertos. I é que Begoña foi capaz de convertir o albergue fisterrán nunha auténtica familia, que aínda a día de hoxe ten uns vínculos moi especiais.
Un exemplo é Sole Méndez, a extremeña que quedou na vila do Cristo dende aquela e que xa fala ghallegho e ten dous fillos fisterráns, Alejría e Lume. Outro membro da familia de voluntarios de Fisterra é Tomohiro, un xaponés que se convertiu en toda unha personaxe pola súa bondade e vontade. A unión foi tal, que o propio Topohiro acabou indo a traballar a Cataluña cando o máis negro da Costa da Morte fóra escampando.

Isaac marchou directo para a praia. Percorreu a costa fisterrá de arriba abaixo durante os meses nos que participou como voluntario. Mar de Fóra, Langosteira Arnela... praias que mira a día de hoxe e case non recoñece. I é que Isaac quedou prendado desta terra e agora pasa uns meses como voluntario no Algergue de San Roque, en Corcubion, e lle gustaría atopar un traballo na zona para poder ficar nestas terras.

Lembra os primeiros días. Lembra a ducias de voluntarios arrimando o ombreiro como nunca vira. "Yo lo cojo como viene", dicíalle algún bravo que nin se colocaba luvas. Pero é que moitas veces non había equipos para poñerse.

As labores e a familia creada crearon un vínculo con esta terra a xentes coma Isaac. "Aquellos días nos marcaron a todos los que participamos de una manera tremenda. De hecho yo aún tengo algo con esta tierra y quiero encontrar mi sitio aquí". Polo de pronto xa ten un: está de hospitaleiro no albergue de voluntarios de San Roque de Corcubión. Pero busca algo máis defintivo e co que poida manterse, un traballo na Costa, vaia, malia que as cousas non estean demasiado ben.

"Defintivamente quiero quedarme en esta tierra. Negra como la vi, llena de petróleo, pero ahora la cosa cambió, y vuelvo tras varios años y ya no sólo se ve negro. Esto tiene mucho color".

Novas relacionadas

Comentarios