Martes. 23.04.2024
El tiempo

Pepita, a primeira voluntaria do Prestige

Pepita, a primeira voluntaria do Prestige

Trala orixinal posta de longo en barco da campaña de agradecemento Galicia en Color, comezamos hoxe unha serie de historias deses heroes anónimos, deses voluntarios que viñeron limpar as nosas praias, e que conseguiron cambiar o negro do chapapote e o branco dos monos polas mil cores que locen xa nas nosas praias. E o facemos o mesmo día que se presenta a campaña Save the Beach de Coronita, cun trailer da documental de Isabel Coixet.

Unhas historias cheas de sentimento, que saen do corazón, i é que ademais de cambiar mil cousas na forma de entender o mundo ás xentes da Costa da Morte e de toda galicia (se cadra non o suficiente), para eles mesmos, formar parte da marea branca foi tamén un completo cambio nas súas vidas. Dende aquela non son os mesmos.
Nin nós! Un milón de gracias!

 

Pepita, a primeira voluntaria

Josefa Carrera Fernández, máis coñecida como Pepita do Galiñeiro, pode considerarse a primeira voluntaria do Prestige. Pepita vive no Coído en Muxia, en plena Zona 0 da catástrofe. Aquel sábado 16 de novembro, tras varios días de tensión, o fuel alcanzou o litoral galego de madrugada. Pepita, mentres durmía, notou un cheiro particular e rapidamente espertou. Sacou a cabeza pola ventá e a negra estampa enmudeceu o seu corazón. Pero nin os seus 66 anos nin a tristeza botaron para atrás a esta brava muller. Sen pensalo, colleu o traxe de augas do seu xenro e baixou ao pé da súa casa a limpar como podía. "Non había ninguén e eu fun para dar exemplo" a todos os seus veciños e de loitar contra a desfeita ecolóxica, contábanos Pepita durante a cita en barco no marco da campaña Galicia en Color. Aló estivo, a pé de praia, limpando como unha máis durante 7 meses e medio. Tivo un achaque e tivo que ir ao Hospital, pero cambiou o mono polos fogóns e adicouse durante outros 6 meses máis a levar comida para toda a marea humana que enchía a vila da Barca. Unha marea que aínda garda Pepita no corazón. "Todo o que temos llo debemos a eles. Foi un sueño, un sueño. Todas estas cores que podemos ver agora é gracias aos voluntarios. Aínda lle temos que dar as gracia mil veces polo exemplo que nos deron". Sobre a participación da veciñanza da Costa da Morte, Pepita ten a súa visión. "Houbo de todo, houbo xente que se involucrou moito, pero tamén houbo moita xente que non". E cando lle preguntamos polos os mariñeiros, Pepita é clara: "A maioría non traballou ata que houbo cartos polo medio". Pepita, agora xa con 76 anos, segue sendo unha auténtica heroína. E esperemos que non faga falta, pero ela teno claro: "E se saíra outro hoxe, volvía ir axudar, iso seguro". Gracias a ti tamén Pepita!!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios