Xoves. 02.05.2024
El tiempo

3 citas imprescindibles e moito máis para disfrutar a Costa da Morte por Semana Santa

Domingo de Framos na semana Santa de Fisterra 2023-Foto-Steffen A. Pfeiffer
Imaxe da procesión de Fisterra do Domingo de Ramos na Semana Santa de Fisterra-Foto-Steffen A. Pfeiffer
3 citas imprescindibles e moito máis para disfrutar a Costa da Morte por Semana Santa

Hai xa unha década que se formou o triunvirato de citas imprescindibles da Semana Santa na Costa da Morte. Ademais da Semana Santa de Fisterra e das súas Festas do Cristo, a Mostra do encaixe de Camariñas así como a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver de Carnota son citas obrigadas.

Pero hai moitas cousas máis que facer, como percorrer o Camiño dos Faros ou descubrir algúns dos Recunchos da Costa.

Axenda Semana Santa na Costa da Morte 2023
A Mostra do Encaixe, a Semana Santa de Fisterra e a Mostra Víndemo Ver de Carnota no podio

Procesións e Festas do Cristo de Fisterra

A gran referencia da Semana Santa é Fisterra. Podedes comprobalo no completo programa litúrxico de innumerables procesións, que culmina coa representación do Domingo de Resurrección.
E ademais de botarlle fe, tamén lle podemos botar un baile coas verbenas das Festas do Cristo.

   

XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Por dereito propio, a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é a segunda gran referencia costeira da Semana Santa. Este ano o programa chega con máis desfiles que nunca, moitas demostracións, presentacións, música… todo para seguir convertendo unha artesanía centenaria nun produto de moda de vangarda.

Ademais, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas reabrirá o Faro de Cabo Vilán, o único faro visitable de toda a comarca, dende o xoves 06 de abril ata finais de ano.

 

X Mostra Vindemo Ver de Carnota

Carnota engalanarase de feira de comezos do século XX, por iso invitan a acodir caracterizados, para acoller a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación de Carnota, que estes días 6, 7, 8 e 9 de abril 2023 cumple o seu 10 aniversario. Exposicións, concertos, gastronomía, artesanía, probas deportivas… Un mar de vida nesta feira de promoción do produto local.

 

O Castelo de Vimianzo, referencia para Semana Santa

A programación cultural de cara á Semana Santa de Vimianzo terá, coma cada ano, de protagonistas o patrimonio e a artesanía do municipio. As actividades desenvolveranse do 1 ao 9 de abril.

 

Olería e gastronomía por Buño

Sendeirismo, gastronomía e olería danse a man en Buño por Semana Santa con ofertas que unen obradoiros con xantares.

Festa, teatro e procesións en Malpica

Malpica prepara varias citas de conciliación, como un campamento deportivo ou un de pascua, pero tamén obradoiros de barro, a xornada cos Xogos do Paporrubio para toda a familia, e a IX Festa da Xuventude que se dará a noite do 6 de abril no peirao sor da man da ADC Mallas da Area.
A procesión realizarase o venres 7 de abril na igrexa de San Xulián a partir das 18:00h.

 

As procesións de Laxe

A de Laxe é unha das máis potentes procesións, que teñen como momento álxido o Rosario da Boa Morte na noite do Venres Santo. Ademais, o domingo 9, ás 19:00h, na Igrexa de Santa María de Atalaia, concerto de Susana de Lorenzo e Rupert Twine.

 

Festa da Xuventude de Xaviña

Aproveitando que a diáspora volve a casa por Semana Santa, este xoves 6 de abril, e por primeira vez en Xaviña, Festa da Xuventude.

 

As Torres do Allo

O pazo máis antigo de Galicia amplía os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 1 e 9 e abril en horario de 11 a 20h, con visitas guiadas diarias que se farán ás 13 e ás 17h e o Xogo de Pistas “A aventura do Allo”.

 

Máis información en www.axendacostadamorte.com

Comentarios