Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo, referencia para Semana Santa

Vimianzo_Cartel programación Castelo Semana Santa
O Castelo de Vimianzo, referencia para Semana Santa

A programación cultural de cara á Semana Santa de Vimianzo terá, coma cada ano, de protagonistas o patrimonio e a artesanía do municipio. As actividades desenvolveranse do 1 ao 9 de abril.

O programa cultural contempla as xa tradicionais visitas guiadas ao Castelo. Desenvolveranse ás 10:30, 16:00, 18:30 e 19:00 horas. Os días 1 e 2 tamén haberá ás 12:00 horas. O luns 3 o Castelo permanecerá pechado.

Por outra banda, as visitas teatralizadas terán lugar ás 12:30 e 17:00 horas do 6 ao 8 de abril, mentres que o día 9 serán ás 12:30 horas. Correrán a cargo do grupo ‘Os Quinquilláns’.

Nos Batáns do Mosquetín realizaranse visitas guiadas do 4 ao 9 de abril ás 12:00 e ás 13:00 horas, mentres que no Castro das Barreiras celebraranse ás 17:00 horas nas mesmas xornadas.

As actividades son gratuítas reservándose 20 prazas para participar nas visitas guiadas e 100 para as teatralizadas. As inscricións deberán facerse a través da web municipal (www.vimianzo.gal) ou escaneando o código QR do cartel. En ambos os casos será necesario cubrir este formulario. Máis información chamando ao 981 716 001.

Comentarios