A Mostra Vindemo Ver engalanará Carnota de feira de comezos do século XX

Tras botar un ollo aos concertos e coñecer de preto as probas deportivas, facemos hoxe un repaso completo da Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación de Carnota, que estes días 6, 7, 8 e 9 de abril 2023 cumple o seu 10 aniversario como unha grandes referencias da Semana Santa na Costa da Morte.
A vila engalanarase de feira de comezos do século XX, por iso invitan a acodir caracterizados. A praza de San Gregorio será o corazón da vila acollendo unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais dentro do “Mercado da Deputación”.
Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.
Os asistentes/as poderán tamén visitar durante os catro días as seguintes exposicións na carpa grande, no posto do Concello de Carnota-Deputación da Coruña:
- Maqueta “A época dourada do millo en Carnota”.
- Exposición de aparellos de labranza do S.XX “Debullando na memoria de Carnota”.
Xa hai info sobre a X BTT Víndemo Ver e a andaina da Ruta do Millo polo que repasamos aquí a programación de actividades lúdicas para a rapazada xogos tradicionais, circo, clowns xincanas, etc. Tamén haberá actuacións culturais e música tradicional amenizando o ambiente da man dos Gaiteiros San Mamede, da Charanga Santa Compaña ou o coro de Chan de Lamas.
Así, o xoves 6 de abril ás 22:00 Concerto de Chiña no posto de So’nos.
O venres 7, ás 21:00h teremos Teatro Vero Rilo "Tralalareira" e a partir das 23:00 Concerto de "La Banda de ayer".
E para rematar, o sábado 8, a partir das 22:00 os Concertos de Leilía e La Quinkillada.
Unha cita completa para disfrutar a Semana Santa ao grande.
Novas relacionadas
- 2023: A música do país será protagonista na Mostra Víndemo Ver.
- 2023: Abertos os prazos de inscrición para a X BTT Víndemo Ver e a Ruta do Millo.
- 2023: Carnota celebra os 10 anos da Mostra de Semana Santa Víndemo Ver.
- Víndemo ver 2018: Víndemo Ver, unha Mostra para seguir reincidindo no produto da casa.
- Víndemo Ver 2017: Houbo que ir ver Carnota por Semana Santa
Citas da Semana Santa na Costa da Morte
- Malpica prepara a súa Semana Santa.
- Fisterra xa pon a conta atrás da Semana Santa coa presentación do cartel e o programa litúrxico.:
- Máis desfiles que nunca no programa da Mostra do Encaixe.
- Carnota celebra os 10 anos da Mostra de Semana Santa Víndemo Ver.
- Laxe buscará que a Semana Santa e o Rosario da Boa Morte sexan declarados de Interese Turístico.