Malpica prepara a súa Semana Santa

07:39 21/03/23
Imos completando axenda para a Semana Santa. E unha das paradas será en Malpica. O Concello prepara varias citas de conciliación, como un campamento deportivo ou un de pascua, pero tamén obradoiros de barro, a xornada cos Xogos do Paporrubio para toda a familia, un Torneo de Veteranots e a IX Festa da Xuventude que se dará a noite do 6 de abril no peirao sor da man da ADC Mallas da Area.
A procesión realizarase o venres 7 de abril na igrexa de San Xulián a partir das 18:00h.
Citas da Semana Santa na Costa da Morte
- Fisterra xa pon a conta atrás da Semana Santa coa presentación do cartel e o programa litúrxico.:
- Máis desfiles que nunca no programa da Mostra do Encaixe.
- Carnota celebra os 10 anos da Mostra de Semana Santa Víndemo Ver.
- Laxe buscará que a Semana Santa e o Rosario da Boa Morte sexan declarados de Interese Turístico.