Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sendeirismo, gastronomía e olería danse a man en Buño por Semana Santa

ruta gastronomica buno
Sendeirismo, gastronomía e olería danse a man en Buño por Semana Santa

Interesante proposta a que ofrecen varios oleiros de Buño para esta Semana Santa. Un ano máis, da man de Criss Becerra Fotografía, a Taberna Restaurante A Cunca e o Obradoiro Gorín, teremos a posibilidade de disfrutar os días Venres Santo, Sábado e Domingo dunha experiencia única que mestura a historia e tradición oleira de Buño coa mellor gastronomía.

A actividade consiste nunha pequena ruta urbana a pé duns 1,5 kms que partirá dende o parque Luciano García Alén e recorrerá parte do barrio da Costa onde se visitará un dos antigos fornos comunais restaurados que hai no pobo e se explicará como se realizaban as coceduras antigamente.
De seguido, os/as asistentes presenciarán unha breve demostración ó torno tradicional e dunha práctica en torno eléctrico ( 1 hr. Aproximadamente ), na cal poderán elaborar as súas propias pezas. Inclúe reportaxe fotográfica que se lle entregará a cada participante ó remate da actividade. A duración total da ruta e da experiencia é de 2 hrs, e tamén hai opción á experimentar co torno..

Por último, disfrutarán dun menú elaborado exclusivamente para os/as participantes nesta actividade na Cunca.

Na Mostra

Olería O Rulo Buno
Oleira de O Rulo

Paralelamente a olería de Buño tañén estará presente na Mostra do Encaixe. Outro ano máis a tradición dos oleiros de Buño volve a mesturarse co encaixe de Camariñas. Nesta ocasión faino grazas ás expertas mans dos obradoiros de Feituras e O Rulo.
Segundo Feituras, “participar na Mostra representando á Olería de Buño supón toda unha honra” e explica que “o encaixe apórtalle ás nosas creacións naturalidade, grazas á unión de dúas artesanías moi distintas pero que maridan á perfección”.Para O Rulo “é todo un reto xa que conxugar as dúas artesanías é moi complicado” pero destaca que “o resultado de xuntar barro e encaixe é precioso, dálle unha nova visión ao que facemos”.

Comentarios