Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abertos 3 novos cursos de mariñeiro-pescador online

14 barcos de Corme unense a campana Upcycling the ocean
Abertos 3 novos cursos de mariñeiro-pescador online

A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terán lugar entre o 16 de setembro e o 29 de outubro deste ano cunha duración de 50 horas. Cada unha destas accións formativas estará titorizada por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro da Consellería, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

O período de inscrición para estes cursos, que contan con 60 prazas cada un, está aberto ata o próximo 10 de agosto ás 14.00 horas. A relación de admitidos será establecida en función da hora e do día de prematrícula dos candidatos. Toda a información sobre esta oferta formativa pode consultarse no apartado de teleformación da web da Consellería do
Mar.

Unha vez que remate o curso de teleformación realizarase un exame presencial en cada un dos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

Comentarios