3 rutas familiares para coñecer o río Anllóns con Vía Inqueda
07:48 13/11/24
Arrinca o proxecto Allonízate cos Atardeceres de Outono. Vía Inqueda ofrece 3 rutas para coñecer o curso fluvial do río de Bergantiños, e facer un achegamento á ecoloxía, cultura e etnografía do río Anllóns.
O primeiro deles na procura do nacemento do río, entre os concellos da Laracha e Cerceda. Será este vindeiro venres día 15 de novembro.
Serán rutas fácildas, adaptadas para familias de entre 3 e 6 km, que comezarán ás 16:30 e durarán aproximadamente 2 horas.
Rutas polo Anllóns
Curso Alto: Coence, buscando a orixe
- 15 nov. Cerceda-A Laracha.
- Coence: Cerquiña da aldea de Coence atópase o nacemento do río Anllóns. A viaxe terá como destino as fontes do Anllóns. O berce do río de Bergantiños.
Curso Medio: Anllóns, canle e fronteira
- 21 nov. Carballo-Coristanco.
- O Anllóns é fronteira entre Carballo e Coristanco durante unha boa parte do curso medio do río. Estas marxes son acubillo de importantes fontes e muíños en ambas beiras.
Curso baixo: A Ínsua, fin da aventura
- 29 nov. Ponteceso.
- Na enseada da Ínsua, o Río Anllóns da os últimos pasos, mesturándose coa auga salgada da ría de Corme e Laxe. Recuncho de paz á beira do Monte Branco.
Poden inscribirse no 696155232 ou en [email protected].