Mércores. 04.08.2021
El tiempo

4 establecimentos da Costa da Morte, na Guía Solete de Repsol

Calma Chicha Fisterra
Así é o Calma Chicha de Fisterra
4 establecimentos da Costa da Morte, na Guía Solete de Repsol

Cantos sitios haberá na Costa da Morte deses que cando vas, repites porque “este sitio ten un non sei que”… algo que engancha, que o fai agarimoso, que o fai agradable. Eses son os tipo de sitios que quere recoller a Guía Repsol “Solete”, unha nova calificación para establecementos de hostalería e restauración, os “Soletes”, que son punto de referencia nas vilas, aldeas e cidades plo rico das suas tapas, racións ou menús, encanto ou ambiente.

Poden entrar bares, mesóns, terrazas, barras, sidrerias, chiringuitos, tabernas... Son máis de 1.000 locais espallados por toda España nesta primeira selección, dos que 63 están en Galicia, e só 20 na nosa provincia. Deles 3 son da Costa da Morte.

Na categoría de Chiringuitos atopamos o Calma Chicha de Fisterra, situado en plena Praia da Langosteira, un deses lugares onde podes disfrutar ca area nos pés mentres tomas o gintonic.
A día de hoxe aínda non está aberto, pois o ano pasado non puideron traballar e é unha instalación de temporada, pero esperan poder abrir a partir da vindeira semana.

O outro Chiringuito recoñecido na Guía é o Asteria Café, situado no paseo marítimo de Caión (Laracha).

Ademais a guía recolle dous restaiurantes costeiros. Polo sur podemos achegarnos ao Restaurante Ancoradoiro (Muros), situado nun entorno tremendamente privilexiado, en plena Punta do Rosto entre a praia de Louro e a de Lariño.

Algo máis ao norte, en pleno centro da vila de Muxía, un clásico costeiro, a Lonxa D’Álvaro.

Terraza do Ancoradoiro-Foto-Guia Repsol
A terraza do Ancoradoiro...

comentarios