Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Loading” Autovía Costa da Morte: 56%

“Loading” Autovía Costa da Morte: 56%
Obras da Autovia Costa da Morte neste setembro de 2015-700 Obras da Autovia Costa da Morte neste setembro de 2015

22 de setembro de 2015 e a Xunta anuncia que as obras da autovía da Costa da Morte están executadas ao 56%, o que, segundo destacan, “garante a súa posta en servizo nesta lexislatura”. Así o manifestou hoxe o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia. O que non recordou foi que o prazo inicial era para estar rematada en 2013

Recordou Menéndez a nova vía de alta capacidade cunha lonxitude total de 27,1 quilómetros, dos cales 25 son de sección autovía (tramo 1, Carballo – Baio) e 2,1 de corredor (tramo 2, Baio – Santa Irene). Discorre polos Concellos de Carballo (no que conecta coa AG-55), Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e o termo municipal de Vimianzo (ata Santa Irene). Pero volveu esquecer o treito sur da vía, do que non sabemos nada.

Iso si, destaca que “esta vía posibilitará un aforro de tempo de 25 minutos por viaxe e evitará máis de 7 quilómetros de travesías”.

Estados das obras

Os traballos avanzan a bo ritmo, precisando que no treito Carballo – Baio está executado o 52,17 % e no tramo Baio - Santa Irene, o 79,61%.

No que se refire ao treito Carballo- Baio, o movemento de terras está realizado ao 94 %; a drenaxe transversal, executado o 87%; a drenaxe lonxitudinal, o 15% e as estruturas, o 69,5%.

No treito Baio- Santa Irene, o movemento de terras está ao 96%; a drenaxe transversal, ao 100 %; a drenaxe lonxitudinal; ao 4 %; e as estruturas, ao 97 %.

Na actualidade están rematadas as reposicións de 7 estradas e con desvíos provisionais outras 5 delas. Entre as estradas coa reposición rematada destacan a AC-421 (Agualada – Buño), AC-423 (Grilloi – Ponteceso), AC-552 ( A Coruña – Cee) en Repenín, AC-430 (Baio – Ponteceso) e DP-1406.

Pagamento de expropiacións

Nestes meses de obras a Xunta priorizou o pagamento das expropiacións e a atención ás cuestións que puideran trasladar concellos e veciños.

En canto ás expropiacións, que afectaron a 2.924 fincas, xa están pagadas a día de hoxe en todos os casos, só pendentes dalgún caso particular no que falten datos ou da resolución de expedientes no Xurado de Expropiacións.

Emprego

Segundo a Xunta, “A execución desta infraestrutura non só dinamizará a economía da Costa da Morte coa súa posta en servizo, senón que xa o está a facer a día de hoxe, xa que estas obras están a xerar 235 postos de traballo, o que permite impulsar e fortalecer a recuperación económica na zona”.

Novas da Autovía

Artigos relacionaddos

Fonte

Comentarios