Venres. 29.03.2024
El tiempo

#8M: A discriminación extra que sofren as mulleres con adiccións do rural

8M
Mesa de traballo de vieiro arredor do Día da Muller
#8M: A discriminación extra que sofren as mulleres con adiccións do rural

Mentres a bisbarra se prepara para unha xornada de concentracións, e tras escoitar ás entidadessociais denunciar a tripla discriminación da muller con disCapacidade do rural, escoitamos a postura de Vieiro sobre a discriminación extra que sofren as mulleres con adiccións na nosa sociedade.

A entidade carballesa Vieiro, vén de suscribir o manifesto da Rede Nacional de Atención en Adicciones UNAD, para visibilizar un ano máis a situación das usuarias e dar a coñecer as vulnerabilidades coas que parten á hora de solicitar axuda e á presión social á que viven sometidas.

”As mulleres con problemas de adiccións atendidas na rede UNAD, da que forma parte Vieiro, coinciden en mostrar unha baixa ou inexistente autoestima; esa situación agrávase ante a falta de recursos económicos e polas dificultades que atopan á hora de acceder ao emprego”, explican.

”As mulleres con problemas de adiccións enfróntanse ao rexeitamento da súa contorna por incumplir cos mandatos de xénero tradicionais, boa parte delas non teñen apoios familiares nin sociais.
Viven o seu problema en soidade, atrapadas na culpa. Xa que logo, ocultan a adicción e atrasan a petición de axuda para poder acceder á terapia máis adecuada”.

Lembran tamén que “entre as mulleres con problemas de adiccións hai maior incidencia de violencia de xénero e de relacións emocionais de subordinación”.

Ante todo isto, desde UNAD e VIEIRO reivindican “recursos específicos para as mulleres con problemas de adicciones, xa que a maior parte non están pensados para elas. O sistema actual está concibido na súa orixe só para os homes”. En calquera caso, “ante a dificultade das mulleres para poder acceder a tratamentos, solicitamos espazos seguros e deseñados para mulleres onde poidan recibir tratamento, libres de estigmas e censura social”.

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 8M de 2020

Comentarios