mércores. 14.05.2025
El tiempo

A APTCM necesita novos folgos e busca renovar a directiva

A APTCM necesita novos folgos e busca renovar a directiva
Xuntanza da APTCM-Foto-Pan Imaxe dunha xuntanza da APTCM durante a última renovación da súa directiva en decembro de 2014 Canta fai falta que a patronal do sector turístico sexa potente. Leva anos vivindo do voluntarismo, algo que está afectando directamente ao funcionamento do CMAT, o ente chamado a xestionar o sector turístico da Costa da Morte e que leva case 2 anos traballando sen unha dirección concreta. A APTCM pasa por ser a entidade que máis profesionais aglutina e necesita un impulso conxunto para deixar de depender da vontade da directiva de turno. Nestes últimos anos, parece innegable a implicación de xentes como o presidente Pablo Canosa ou representantes de empresas da zona como Enrique Pérez Sampedro. Pero a Directiva necesita un relevo máis amplo, e para iso se convoca unha Asamblea Xeral da Asociación APTCM, para o vindeiro 10 de xaneiro do 2017, coa primeira convocatoria as 18:00 e segunda convocatoria as 18:30, no salón de actos da planta baixa da Casa da Cultura de Vimianzo. Unha Asemblea na que se poderán presentar novas candidaturas para formar a Directiva. A actual aínda non ten decidido de forma definitiva se se vai presentar, pois a realidade é que son traballos que xeran cansanzo e non sempre os empresarios poden adicar o tempo necesario a estas apostas asociacionistas en clave de conxunto. Por outro, son conscientes de que hai proxectos a medio camiño que necesitan continuidade para dar os seus froitos, por iso si que esperan que novos empresarios se unan para remar nunha dirección que nos favorece a toda a comarca. Agora, co CMAT creado (despois de moito traballo) hai que centrarse en fortalecer APTCM facendo captación de socios e conseguir que o sector se sinta respaldado e con capacidades de decisión dentro do ente, dándolle voz propia. APTCM ten afianzarse como o interlocutor dos empresarios dentro do CMAT, para dar unha resposta real e axeitada acorde as necesidades do sector dentro de cada Concello. Na orde do día darase conta dos traballos realizados nestes dous últimos anos, farase un repaso das contas, e se elixirá á nova directiva, revisando os estatutos se fai falta. A propia directiva envíanos o texto co que fará o repaso aos seus dous anos de traballo:

”2 anos da nova APTCM”

A directiva desta asociación pilotou e dirixiu a creación do tan deseado destino Costa da Morte. Dende finais do 2014, cando collemos esta nova directiva a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte, noso obxectivo principal foi constituir o que ata o de agora non existía como era o Consorcio de Turismo do Xeodestino Costa da Morte, cal foi a nosa sorpresa que tanto a Xunta como a Deputación deixaron de ser socios dos consorcios de nova constitución, pasando a ser COSTA DA MORTE ASOCIACIÓN TURÍSTICA, CMAT, a nova entitade que se debería constituir para poder traballar o Xeodestino e deixar de traballar na constitución de novos consorcios. Os socios desta nova entidade serían os 17 concellos indicados pola Xunta como dentro do Xeodestino e a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM). Para elo visitamos a todos os alcaldes do Xeodestino e intentamos, con esta nova paixase constitutiva do Xeodestino, que se unirán o CMAT, posto que sen esta Asociación tanto a Xunta como a Deputación no recoñecían interlocutores válidos a nivel Turístico na zona. Así como a non consecución, sen esta entidade, de ningunha subención destinadas o turismo do Xeodestino. Para nós era fundamental conseguir que os alcaldes do Xeodestino se xuntaran para poder ter algún tipo de recoñecemento diante da Xunta e poder participar nas diferentes accións planeadas para o Turismo de Galicia. Ter un nome propio e recoñecido por todos como era a Costa da Morte, e poder traballar conxuntamente neste camiño. Para poder ser un destino competitivo e en igualdade co resto dos Xeodestinos, tiñamos que exisistir e sen o desenrolo do nome, a promoción do mesmo e a venta do Xeodestino como único e non como diferentes puntos turísticos dentro dunha zona sen unidade, esto sería imposible. Tiñamos claro que os visitantes son persoas que a propia palabra o dice, visitan, non están estáticos nun único sitio sen moverse, e polo tanto, a potencialidade da zona e diversa e complementaria, por separado nos víamos que non poderíamos conseguir grandes cousas. Finalmente despois dun traballo de seis meses de reunións cos alcaldes, con Turismo de Galicia coa Deputación, conseguiuse que prácticamente a totalidade dos concellos firmaran una adhesión previa ao CMAT, podendo levar a pleno de cada concello a Adhesión definitiva a mesma. Con esto xa se pudo fimar tanto coa Xunta como coa Deputación da Coruña ambos convenios, e ir traballando na consolidación do Xeodestino. Pasamos a indicar tamén outra serie de traballos que se fixo dende APTCM nestes dous anos:
  • Xuntanzas coa conselleira de Turismo, Nava Castro, en diferentes ocasións, primeiramente para a folla de ruta da posta en marcha do Xeodestino e asesoramento no desenrolo do convenio.
  • Consecución e firma do convenio con Turismo de Galicia da Xunta para 2015 -2016, coa conseguinte posta en marcha de diferentes proxectos subencionables, como a preparación dunha web e app do Xeodestino: visitacostadamorte.com
  • Consecución e firma do convenio coa Deputación da Coruña, para a posta en marcha de diferentes proxectos, subencionados pola Deputación.
  • Participación nos diferentes cursos da Escola deTurismo Itinerante de Turismo de Galicia.
  • Entrada como socios no Consorcio de Turismo de Galicia.
  • Firmar convenio con Caixabank para a mellora dos negocios de hostelería con bonificacións e productos con ventaxas para os socios de APTCM, incluindo pagar a cuota anual da asociación para os socios que abran conta negocio neste banco.
  • Participación na preparación de la web www.visitacostadamorte, e a app de Costa da morte.
  • Revisión dos videos feitos en Costa da morte para a web e app da web www.visitacostadamorte.com.
  • Fitur 2015 e 2016
  • Participando no foro Voz 2015 e 2016.
  • Participación no Fairway 2015 do Camiño de Santiago
  • Turexpo Galicia 2015
  • Mar Galaica
  • Participación no 120 aniversario do Faro Vilano no 2016.
  • Asistir a ponencia do Cluster “Retos y oportunidades de las nuevas tecnologías en el sector turístico gallego”
  • Apoyando "Dumbría e deporte 2016" municipio onde se celebrou no 2016, 3 campeonatos galegos (2 de volei praia e 1 de piragüismo) e 2 campeonatos de España (de pesca a mosca de salmónido e volei praia)
  • Patrocinio no Gran Fondo Ézaro 2016.
  • Feira Intur 2016
  • Xornada de Innovación e comercialización – Boas prácticas na hostelería do CSH de Galicia.
  • Patrocinando a Axi Muniain na grabación del capítulo EL CAZADOR DE OLAS GIGANTES- del programa Al filo de lo imposible de TVE.
  • Pertencemos á directiva dos GAC 2015, Galp 2016, os GDR da comarca.
  • Xornada informativa Xeodestinos – Axudas e subencións. Da Xunta de Galicia.
  • Participación na feira Xantar 2016
  • Presencia na Smart camino 2016.
  • World Travel Market 2016 en Londres.
  • Fam trip en Costa da Morte, en Novembro do 2016, onde se patrocinou co Cluster de Turismo, FEGATUR, e o CMAT, na visita de tres touroperadores , un nacional, un portugués e outro australiano, para recorrer A Costa da Morte durante tres días, e que coñeceran de primeira man o Xeodestino.
 

Novas relacionadas

Comentarios