A APTCM procura alianzas con Neria para sacar adiante o Consorcio de Turismo
09:27 28/07/11
Din na Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte que están a cumprir o calendario previsto para a posta en funcionamento do ente xestor do turismo na bisbarra.
Nas últimas horas, a APTCM mantivo unha reunión coa Asociación Neria na que a segunda amosou “o seu firme apoio á posta en funcionamento do Consorcio de Turismo da Costa da Morte”, en verbas da APTCM. Segundo contan, ambas entidades achegaron posturas sobre a creación dun ente destas características e a necesidade de aunar esforzos.
O seguinte paso nesta folla de ruta que emprenderon da man Neria e a APTCM, ten lugar na tarde de hoxe xoves, 28 de xullo, na Casa da Cultura de Vimianzo. Alí celebrarase unha reunión con representantes dos dezasete concellos da Costa da Morte.
No guión da cita está a procura da renovación do compromiso de participación dos concellos no Consorcio de Turismo. Nas verbas da APTCM, os concellos son conscientes da importancia do turismo para o desenvolvemento da Costa da Morte e da necesidade de asumir unha visión de conxunto na planificación e xestión do mesmo. Deste xeito consideran necesario “un ente que xestione profesionalmente o turismo na bisbarra”.
Novas relacionadas
- A Costa esixe o Consorcio de Turismo Xa!
- Intentan recuperar o Consorcio Turístico da Costa da Morte con participación pública e privada.
- Hoteis e casas rurais no Camiño non notan tanto a crise.
- O sector hostaleiro de Fisterra tamén está “indignado”.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa de APTCM.