A Costa esixe o Consorcio de Turismo Xa!


Curiosa a circunstancia na que se atoparon estes días os coordinadores da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM). Se o luns pasaban por Fisterra para intentar pulsar a voz do sector, sen éxito, onte recibían a 50 empresarios en Vimianzo para falar do Consorcio de Turismo.
E o sentimento está claro: "Consorcio Xa". Se o presidente da APTCM, Manuel Pan, xa deixara claro que a falta de un interlocutor único estaba provocando perda de investimentos, onte os empresarios da zona esixiron que se poña en marcha xa.
I é que os retrasos son importantes. O ex vicepresidente da Deputación Pablo Villamar prometía por xaneiro do 2010 que ao remate do verán, do 2010, estaría listo. Un ano máis tarde volve á palestra o asunto pero se data de posta en marcha.
Dende a APTCM aseguran que convocarán outras reunións coa Neria, co GDR, cos GAC, e coa Deputación para ir perfilando a formación da directiva do Consorcio. Os concellos xa aprobaron os seus estatutos.
Reunión en Fisterra
"Nin quorum, nin empresarios, nin sector nin nada de nada", valoran dende dentro. I é que apenas 5 persoas se achegaron á reunión que prantexaba APTCM para tratar de darlle un impulso ao turismo fisterrán. Coa de traballo que hai por facer na vila do Cristo e parece que as propostas que chegan dende "fóra" non son ben recibidas.
Novas relacionadas
- Intentan recuperar o Consorcio Turístico da Costa da Morte con participación pública e privada.
- Hoteis e casas rurais no Camiño non notan tanto a crise.
- O sector hostaleiro de Fisterra tamén está “indignado”.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa de APTCM.