Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación de Pacientes Finisterrae cumple un ano cun encontro de asesoramento xurídico e unha gala solidaria

A Asociación de Pacientes Finisterrae cumple un ano cun encontro de asesoramento xurídico e unha gala solidaria
Logo da Asociacion de Union Pacientes Finisterrae Costa da Morte O 26 de xaneiro é o primeiro aniversario Asociación Unión de Pacientes Finisterrae. E para celebralo a entidade que pretende ser ser o altofalante das reivindicacións deses pacientes, familiares e profesionais, artella dous eventos. O sábado 26 de xaneiro terá lugar o III Encontro informativo para asesoramento xuridico en defensa dos dereitos dos pacientes e familiares do Hospital Virxe da Xunqueira. A cita sera ás 20:30h na Casa da Cultura de Corcubión. Ademais, o mesmo sábado, para celebrar o primeiro aniversario, e conseguir fondos para proxectos sociais da Asociación, como mercar un vehículo adaptado para transportar enfermos e familiares etc. para a diálises (e poder evitar os taxis), material para realizar recursos administrativos... a entidade celebra a 2ª Gala e Cea Solidaria. A cita será no Mesón O Galego de Cee a partir das 22:00h. Cómpre confirmar asistencia abonando 25€ (20 € menú+5€ donativo), a través dos 690 37 48 85; 981 74 83 98 ou [email protected].

Negativa do Hospital

Así mesmo, a entidade lamenta que a negativa por parte da Xerencia integrada da A Coruña, nomeadamente de Luis Verdes Remeseiro e Carmen Otero Suarez (Hospital Virxen da Xunqueira de Cee), de asinar un convenio de colaboración para cesión dun local para información e asesoramente xurídico para pacientes e familiares.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-area-sanitaria-non-se-compromete-servizo-pediatria-costa-da-morte/

Comentarios