Sábado. 14.09.2024
El tiempo

A Autovía Costa da Morte cóbrase a primeira vida, un peón

A Autovía Costa da Morte cóbrase a primeira vida, un peón

Corrían as 21:00h do pasado mércores cando un home era atropelado mentres camiñaba pola Autovía da Costa da Morte, unha zona restrinxida ao tráfico de peóns. É así a primeira vítima desta nova estrada, que xa leva en funcionamento máis de 14 meses.

O accidente tivo lugar á altura do quilómetro 46, preto do enlace de Agualada (Coristanco), nos carrís en sentido Vimianzo. Poucos minutos antes xa chamara un condutor ao 112 alertando da súa presencia, e en apenas 15 minutos outro condutor alertaba de que que o vehículo que o acababa de adiantar atropelara ao home, quedando a vítima tendida na calzada.

O IAE do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso e a Protección Civil.

Novas relacionadas

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios