A campaña "En Negro contra a violencia" ponse en marcha
08:15 25/10/17
Xa está en marcha a campaña "En negro contra a violencia" á que sumaron unha boa cantidade de concellos da Costa da Morte. Así, o de Carballo - a través da concellería de Igualdade e Benestar - xa se puxo a traballar e vén de facer un convite ao comercio local co fin de que axude a darlle visibilidade á situación de violencia na que viven moitas mulleres. Neste ano xa van 42 asasinadas en España, e dende o departamento que dirixe Maica Ures consideran “que a actual situación require dunha
resposta unánime da sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres”.
Coincidindo coa conmemoración do día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro, varios concellos da Costa da Morte (entre eles, Carballo) participarán na campaña “En negro contra a violencia”, e dentro desta iniciativa proponse, tal como explica Maica Ures, “vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte”. A concelleira destaca que o comercio local é o gran escaparate idóneo “para transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Carballo libre de violencia!”.
Comercio de Carballo
As tendas, establecementos de hostalaría, empresas... que queiran apoiar esa mensaxe recibirán información e material para vestirse de negro do 20 ao 26 de novembro. Os empresarios interesados poden chamar aos teléfonos 981700688 ou 638123460, ou ben enviar un correo electrónico cos datos de contacto a [email protected].
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha “subida cunha chica” nun bar-club da vila
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo