Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Hospital de Cee renova un tercio dos seus traballadores

O Hospital de Cee renova un tercio dos seus traballadores

De toda a zona é sabido que boa parte dos traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee o son porque non lles queda outra. Moitos son chegados de outros puntos da xeografía galega e en canto poden, tentan "escapar" da nosa zona. A pasada semana foron preto de medio centenar os que "conseguiron marchar" polo que o Hospital tivo que renovarse.

Así, e como resultado do remate da Oferta Pública de Emprego 2008/2009 convocada polo Servizo Galego de Saúde, e do Concurso de Traslados 2010, ven de incorporar ao novo Persoal Sanitario non Facultativo e Persoal non Sanitario a 12 auxiliares de enfermería, 24 diplomados en enfermería, 3 técnicos de radioloxía, ademais de 7 novos auxiliares administrativos. A este persoal hai que engadir as 3 matronas, os 2 técnicos de laboratorio e 1 fisioterapeuta que se incorporaron en pasadas datas.

Estas 46 novas incorporacións á plantilla do Hospital supoñen un cambio do 30% do total do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario. O número total de traballadores que compoñen a plantilla do Hospital de Cee acada os 235 profesionais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería de Sanidade.

Comentarios