A Costa da Morte recibe máis de 650.000 euros para a contratación de desempregados
08:05 21/04/16
As axudas repartense en función do numero de desempregados de cada concello. Imaxe de arquivo
A achega procede o Plan de Emprego Local - PEL - da Deputación da Coruña. En total, o organismo provincial destina 2.980.000 euros para apoiar aos 82 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos. Un total de 659.000 euros virán para os concellos da Costa da Morte que teñen menos de 20.000 habitantes; é dicir, todos excepto Carballo.
Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, esta achega económica supón “triplicar os recursos que ata agora viña destinado a Deputación á creación e fomento do emprego nos pequenos e medianos concellos coruñeses”, e contribuirá “á favorecer a inserción laboral das persoas con maiores dificultades” e a “paliar as dificultades que a Lei Montoro impón a todos os municipios, independentemente da súa situación económica, para a contratación de novo persoal”.
Por primeira vez, a Deputación usará como criterio de distribución das axudas o número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo ata o momento, de xeito que o reparto sexa máis equitativo e acorde ás necesidades reais en materia de creación emprego de cada concello.
O presidente da Deputación, Valentín González, presentou o Plan de Emprego Local
Tomando como base a porcentaxe de desempregados de cada municipio sobre o total de parados nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes (35.320), establécese unha táboa de asignación económica por tramos que van dende os 19.000 aos 52.000 euros por municipio. Seguindo este baremo os distintos municipios da bisbarra recibirán os seguintes importes:
- Corcubión: 25.000€
- Mazaricos: 31.000€
- Dumbría: 31.000€
- Laxe: 31.000€
- Carnota: 34.000€
- Zas: 34.000€
- Cabana: 37.000€
- Ponteceso: 37.000€
- Muxía: 37.000€
- Malpica: 40.000€
- Fisterra: 40.000€
- Camariñas: 43.000€
- Vimianzo: 46.000€
- Muros: 46.000€
- Coristanco: 49.000€
- Cee: 49.000€
- Santa Comba: 49.000€
- As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social
- Pechando obradoiros para abrir as portas do mercado laboral
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación