Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación abre o prazo de licitación do Plan de Conservación de Vías Provinciais

A Deputación abre o prazo de licitación do Plan de Conservación de Vías Provinciais
dp-4307- A Deputación mellorará o firme e reparará os baches nos máis de 2.000 quilómetros de estradas da súa titularidade na provincia coruñesa A Deputación da Coruña abriu onte o proceso de licitación da primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais para o 2018, dotado cun orzamento de 7.799.835 euros. A licitación realízase de forma integramente electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Estado, tal como establece a nova Lei de Contratos de Sector Público de 9 de marzo de 2018. Nesta plataforma publícanse os pregos, anuncios de licitación, consultas a provedores e desenvólvense todos os trámites ata a adxudicación definitiva do contrato. O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño, explicou que este programa contempla a execución de traballos de mantemento, mellora do firme e reparación de baches nos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a “mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria nas estradas coruñesas e reducir a sinistralidade", afirmou. Pequeño lembrou que ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación ten en marcha un programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, dotado con 4 millóns de euros para o período 2017-2018. Por primeira vez, estas tarefas son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación, co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas, para facilitar a visibilidade e a circulación, evitar a propagación de incendios e incrementar a drenaxe de augas pluviais. 4.000 euros por quilómetro A primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais suporá un investimento de preto de 4.000 euros por quilómetro destinados integramente á reparación e mantemento das estradas dos concellos coruñeses, divididos en 36 grupos.  
GRUPO DE ESTRADAS ORZAMENTO
GRUPO 1A ORTIGUEIRA 295.940,46
GRUPO 1B CARIÑO 129.935,11
GRUPO 2 MAÑON E AS PONTES 243.399,51
GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO 156.620,77
GRUPO 4 FERROL E NARON 179.068,83
GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS 369.335,11
GRUPO 6 ARES, FENE,MUGARDOS E NEDA 88.148,83
GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME 221.006,31
GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR 305.410,91
GRUPO 9 OLEIROS E SADA 248.801,24
GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS 293.337,52
GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS 291.889,84
GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS 277.441,08
GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO 194.045,53
GRUPO 13B BOIMORTO, MESIA E VILASANTAR 309.875,16
GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES 181.258,13
GRUPO 15 ARZUA, BOQUEIXON, O PINO E TOURO 167.480,46
GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO 434.434,60
GRUPO 17 CARBALLO, CERCEDA E LARACHA 352.819,22
GRUPO 18 CABANA, MALPICA E PONTECESO 309.958.38
GRUPO 19.- CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO 161.066,42
GRUPO 20.- CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS 157.359,56
GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA 200.623,86
GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA 282.070,43
GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES 224.857,29
GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA 208.099,18
GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRON E ROIS 281.579,20
GRUPO 26 AMES, SANTIAGO,TEO E VEDRA 207.036,05
GRUPO 27 BOIRO E RIANXO 200.773,93
GRUPO 28 POBRA, PORTO DO SON E RIBEIRA 271.562,62
GRUPO 34.- DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO 167.793,73
GRUPO 35.- CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS 148.109,37
GRUPO 36.- D.P.3404.- SERRA DE OUTES A DUMBRÍA 238.696,60
TOTAL 7.799.835,24
Novas relacionadas Fonte

Comentarios