![pandereteiras-adro-baio]()
E este ano con novidades... Xa que os grupos e intérpretes interesados en participar na programación
Rede Cultural para o ano 2015, que convoca a
Deputación da Coruña, deberán presentar a súa solicitude unicamente de forma
telemática con toda a documentación requerida nas bases publicadas no BOP -
Boletin Oficial da Provincia - do 5 de decembro.
O prazo está aberto ata o
13 de xaneiro de 2015. Ademais da documentación necesaria, para poder participar nos diferentes programas culturais a Deputación exíse que as agrupacións estar inscritas nesta Rede Cultural.
A convocatoria publicada está aberta para dúas categorías: profesional e non profesional. Na categoría non profesional poderán participar:
- Bandas de música, bandas de gaitas, corais, música clásica, rondas ou orquestas, grupos de música tradicional galega
- Danza: danza tradicional galega, danza contemporánea, danza clásica
- Teatro, títeres, maxia, monologuistas,...
- Circo e acrobacias e outras actividades
Na categoría profesional poderán participar:
- Intérpretes de música clásica, jazz, folk, rock, blues
- Compañías de danza clásica, contemporánea, danza trandicional galega e outros tipos de danza
- Compañías de teatro e títeres: teatro, títeres, maxia, monologuistas, circo e acrobacias.
Contratación
A Deputación asumirá o
70% do gasto xerado pola contrataciónn destes grupos no caso dos concellos de menos de 5000 habitantes. Para os que están entre os 5001 e os 15000 habitantes, a porcentaxe chegará ao 50% mentres que nos concellos de máis de 15.001 habitantes o organismo provincial asumirá ata o 40% do orzamento total.
Pola súa parte, as entidades sen ánimo de lucro que soliciten unha contratación dalgún grupo ou intérprete deberán facer fronte á metade do gasto da actuación e o 50% restante asúmeo a Deputación da Coruña.