Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Deputación distribúe nos centros de ensino unha curta e un videoclip contra a violencia machista

A Deputación distribúe nos centros de ensino unha curta e un videoclip contra a violencia machista
videoclip-o-tunel Os traballos están feitos por mozos e mozas da ensinanza secundaria Con motivo do día contra a violencia de xénero, que se conmemora o vindeiro 25 de novembro, as áreas de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña distribúen nos centros de ensino a curtametraxe “O Túnel” elaborado polo IES Moncho Valcarce das Pontes, gañadora do concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, e o videoclip da canción “Son Muller” do grupo “Máis Boas Cás Patacas” (MBCP) para contribuír á loita contra a violencia de xénero. Ademais desta actividade que se levará a cabo nos centros de ensino, a Costa da Morte está xa volcada cos actos do 25N. Están feitos por mozos e mozas e diríxense, en especial, a un público da súa idade, coa linguaxe propia da súa xeración e agora a Deputación da Coruña distribúeos por todos os centros de ensino co fin de contribuír á loita contra a violencia machista. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1021607797899868/videos/1598470203546955/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Videoclip e curtametraxe poderán ser empregados como ferramentas educativas nos centros de ensino para concienciar ao alumnado na loita contra o machismo. Neste sentido, as mozas de MBCP veñen de facer pública unha carta en que se mostran “enormemente agradecidas a todas as persoas que se interesaron polo noso traballo e felices por contribuír nunha loita que máis cedo ca tarde terá que rematar en VITORIA”. Na carta, lamentan non poder responder a todos os convites que reciben para contar con elas en actividades educativas mais explican que a súa vida “a estas alturas xira fundamentalmente arredor dos estudos” e non poden perder aulas para ir a todos os centros de ensino dos que son reclamadas. (Adxuntamos comunicado das MBCP) Lúa, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o uquelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela, son as "Máis boas cás patacas”, a banda de Teo que conseguiu co seu tema "Son muller" gañaron o concurso “Quero Cantar” da área de Cultura da Deputación da Coruña e revolucionar as redes sociais con milleiros de reproducións xa nos primeiros días de publicación do videoclip. Na súa canción "Son muller", as oito mozas de Teo, estudantes do IES de Cacheiras - que teñen de 13 a 15 anos - reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres. https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=54Nto-Pcikc Pola súa parte, "O Túnel", é a curtametraxe elaborada polo alumnado do IES Moncho Valcarce sobre o seu propio guión, gañador do concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, que promove a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da institución provincial. Alba Antúnez, Cristina Fernández, Carmela Franco, Jessica Moledo, Lucía Pernas, Noemi Purriños e Román Varela, son os nomes do grupo que traballou na elaboración da curtametraxe, rodada integramente en As Pontes, que narra a historia de María, unha rapaza anulada polos micromachismos imperantes na sociedade e que ademais, é vítima da relación tóxica que mantén co seu mozo, Juan Pablo. Deste xeito, a situación fará que a protagonista entre nun túnel cara á morte, vendo poucas posibilidades de saír del. Eva González, Rubén Moledo, Sara Dopico, Andrés pita, Xenaro Saborido e Nuria Durán son os nomes de alumnas e alumnos que interpretan a curta na que participan ademais outras moitas persoas como figurantes. O traballo, que tamén conta coa colaboración musical de 2Gether, foi desenvolvido durante o verán de 2017, e é o resultado do obradoiro dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, da produtora Esferobite.

Actividades neste 2017 polo #25N

Novas relacionadas Fonte

Comentarios