Venres. 26.04.2024
El tiempo

A falta de información entorpece o servizo de autobuses da Costa da Morte

A falta de información entorpece o servizo de autobuses da Costa da Morte
parada-autobuses-baio Os horarios das rutas non están dispoñibles nin nas paradas de autobuses nin na páxina web da empresa adxudicataria Fai non tantos anos, os horarios dos buses podíanse consultar nas propias paradas, nas estacións así como noutros puntos de información (normalmente bares). Iso quedou atrás. Hoxe, unha alta porcentaxe dos usuarios do autobuses públicos consultan os horarios da rutas a través do seu dispositivo móbil. E pode parecer paradóxico que, en pleno mes de agosto (punto álxido do turismo) e cun Plan de Transporte posto en marcha, non exista a día de hoxe unha páxina web oficial que teña actualizada os horarios dos buses que percorren a Costa da Morte, nin sequera a da propia empresa adxudicataria das rutas - Arriva Noroeste -.    Apenas queda o traballo realizado polo equipo de QPC en http://busescostadamorte.com/ como alternativa para consultar os horarios online. Pero claro, falamos duns horarios que poden non ser fiables, polo que cómpre confirmar coa empresa. Así que aos usuarios non lles queda outra máis que opter información sobre as rutas e os horarios a golpe de chamada teléfonica. Moitos optan por probar no teléfono de QPC (levamos recibindo innumerables chamadas ao longo do mes...). O horario de atención da estación de Carballo é de 7 a 14 horas, de luns a venres. Fóra desa hora hai que probar sorte co teléfono de atención ao cliente de Arriva. Plan de transporte A finais do pasado mes de xullo, a mesa de contratación da Consellería de Infraestructura adxudicoulle durante os próximos cinco anos á empresa Arriva Noroeste a concesión das rutas da Costa da Morte. O contrato está en fase de formalización, polo que estes días ainda se poder ver os autobuses de Autos Vázquez percorrendo as liñas da zona. Segundo os datos da Xunta, uns 227.000 pasaxeiros pasaron o ano pasado pola estación de autobuses de Carballo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios