Venres. 19.04.2024
El tiempo

A FECOM concienciará cunha campaña sobre o consumo local

A FECOM concienciará cunha campaña sobre o consumo local

Este pasado 23 de xaneiro de 2012 reuniuse a Directiva da Federación de Empresarios Costa da Morte. Nesta reunión tratáronse varios temas, un deles foi a aprobación das contas do ano 2011 con superávit. Peroo punto máis importante do día era a nova campaña que teñen en cernes., e que evoca as míticas campañas de Nadal con aquel "Merca no teu concello"

Outro punto da orde do día foi sacar ideas en canto a concienciación da poboación para que merque na súa comarca, faendo fincaé en que o consumo responsable repercute no benestar da veciñanza da nosa bisbarra. O acordo tomado foi a creación dunha campaña publicitaria cun slogan, o cal no prazo dun mes, cada asociación ideará para que o mellor sexa elixido en Xunta Directiva.

Esta campaña é moi importante xa que nos tempos nos que estamos necesitamos que o diñeiro da Costa da Morte reinvista en creación e mantemento dos postos de traballo.

Tamén se acordou na reunión que a IV Xuntanza Empresarial sexa sobre finais do mes de setembro. Falouse da posibilidade de que se faga no concello de Cee, pero, tanto a data, coma o sitio, como outros puntos da organización decidiranse para o próximo mes de xullo, para a cal as asociacións xa teñen que ter decidido as empresas galardoadas e aportar unha idea dos dous distinguidos supracomarcais, como anos anteriores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FECOM.

Comentarios