Venres. 29.03.2024
El tiempo

Á fin do mundo en autobús

Á fin do mundo en autobús

Contamos hoxe un par de historias reais para dar conta da realidade do Servizo de Transporte Colectivo da Costa da Morte, que desgraciadamente xa non pode lucir o calificativo de público. Unha realidade que pasa porque o diario QPC ofrece o único espazo cos horarios integrados das 3 empresas adxudicatarias, mentres que as administracións non dan un paso adiante.

Tan só empresas como o Grupo Insua, comprometido coa necesidade de mellorar o transporte público na zona como un servizo turístico de primeira necesidade, parece loitar el.

Sen máis, pasamos a contarvos un par de historias relacionadas co asunto.

De Ourense a Fisterra

Estas semanas chegábanos unha pregunta dunha veciña francesa que pasaba unha longa temporada en Galicia. Tras visitar diferentes zonas do país, e establecer o seu centro de operacións en Ourense, quería afrontar a súa visita á fin do mundo. Pero as botas de montaña xa estaban algo gastadas e ela prefería vir en autobús.

Buscando pola rede acabou no servizo de QPC www.busescostadamorte.com. Ante a falta de posibilidades chamounos para saber como podería facer.

- "Non hai directo un bus Ourense - Fisterra?", preguntounos inxenua. "Pero non é o Cabo Fisterra o segundo punto máis visitado de Galicia?", engadíu con retranca.

Puxémonos a buscar a mellor combinación. Pero facíase complicado. Ao final atopamso a mellor opción. O resultado: "6 horas, 3 autobuses e 55 paradas, con 2 trasbordos e unha hora de espera en Santiago". "Vou agardar por algún amigo para ir en coche mellor..." respostou ela.

Da Guarda a Corcubión con durmida en Santiago

Esta historia contámola de primeira man porque pasoulle a unha compañeira de traballo. Natural de A Guarda, e tras pasar varios anos nas Canarias, buscaba traballo en Galicia. Atopouno en Corcubión, e alá se veu, pensando que así estaría máis preto da súa casa.

Nada máis lonxe da realidade. Cando a primeira fin de semana afrontaba a volta a casa tras unha semana na vila de San Marcos, púxose a facer contas. "Podo marchar o venres no bus "rápido" (2 horas e media no canto de 3 horas do que vai por Noia) das 14:00h, coller o bus a Vigo en canto poida e logo dende Vigo o que chega a A Guarda". Conseguiu chegar a Baiona esa noite, moi de noite.

Pero non pensara na volta. Imposible saír o domingo despois de comer e chegar o domingo a Corcubión. A solución, marchar o domingo pola tarde a Santiago, durmir en casa de alguén e coller o primeiro bus, o das 8:15h, para entrar a traballar ás 10:45h da mañá... E iso que as esixencias horarias non eran demasiado firmes, que se hai que entrar ás 9:00h e saír ás 19:00h sería practicamente imposible.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios