Venres. 19.04.2024
El tiempo

A flota de arrastre galega ponse en folga pola cota da xarda

A flota de arrastre galega ponse en folga pola cota da xarda
Flota galega de arrastre en folga por falta de cota-Foto- Manuel M Caamano

Esta mañá está o porto de Coruña está ateigado. Ducias de embarcacións de arrastre de litoral e volanta de todo o país volveron das súas faenas nocturnas para facer folga e presionar ante o reparto da cota da xarda que se está a debatir hoxe en Madrid.

Aló están barcos de arrastre e volanta a Muxía, Corme, Malpica, Fisterra e Camariñas, entre outros moitos, pero que non contan co apoio da pesca artesanal. De feito, a loita por unha cota da xarda maior tamén é un dos cabalos de batalla da pescar artesanal galega.

Todos, iso si, coinciden na precaria situación do sector da pesca en Galicia, unha vez que "non temos unha Consellería coa que falar e estamos todos metidos na selva de Medio Rural", onde non se lles escoita.

Flota galega de arrastre amarrada en forma de protesta na Coruna-Foto- Felipe Sar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios