![Xornada de portas abertas da Aula de Hostalería do Forum Carballo]()
Xornada de portas abertas da Aula de Hostalería do Forum Carballo
Sempre falamos da necesidade da formación na Costa da Morte. Falamos, por exemplo, do
referente en formación rural EFA Fonteboa, e preguntámonos por que non temos máis centros coma este.
E sempre lembramos a importancia da formación do sector hostaleiro, para mellorar e profesionalizar a nosa oferta turística. Aí radica a importancia de experiencias como as da
Aula de Hostalería do Forum Carballo, que onte realizaba unha xornada de portas abertas para dar conta dos avances dos seus alumnos.
De feito, a profesora desta acción formativa para desempregados (AFD)Maribel Calvo subliñou con satisfacción que de entre o alumnado do curso celebrado o ano pasado, seis persoas están traballando, e que a estes cursos poden optar desempregados e desempregadas de toda a Costa da Morte.
Está en marcha o curso de Servizos de restaurante de 598 horas de duración e do que se benefician 15 alumnos e alumnas. Durante a acción formativa, o alumnado aprende a maneira de organizar e servir eventos de este tipo, mesmo para hoteis de catro estrelas, e poden tamén adquirir coñecementos, como no caso desta xornada, a través de formación complementaria como a cata de xamón.
A , Maribel Calvo, foi a encargada de dirixir esta exhibición na que os asistentes puideron observar unha demostración de corta á vista de xamón ibérico, así como catar aperitivos de salmón, queixo e anchoas, tomate, etc. que foron elaborados polo alumnado como parte da súa formación práctica dentro do curso. As bebidas correron a cargo dos tres distribuidores que traballan en Carballo.
Lembraron que as instalacións están abertas para celebrar actos formativos e de promoción, xa que as portas da Aula están abertas sempre que sexa para actos abertos ao público.
Novas relacionadas
Fonte