Vimianzo propón unha serie de obradoiros de robótica para nen@s de 10 a 12 anos
O Concello de Vimianzo, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un obradoiro de robótica educativa con Micro:bit + Wonder Building Kit (Elecfreaks) dirixido a nenos e nenas de 10 a 12 anos.
Unha actividade para aprender xogando. Este obradoiro permitirá aos participantes iniciarse no mundo da robótica e da programación a través de ferramentas como Micro:bit, fomentando o pensamento lóxico, a creatividade e o traballo en equipo. Ademais, contribuirá ao desenvolvemento de habilidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) nun entorno dinámico e participativo.
A actividade desenvolverase na Biblioteca Municipal de Vimianzo (Rúa Braña B, 15129 Vimianzo) os venres 10, 17 e 24 de abril e 8 de maio, en horario de 17:30 a 19:00 horas.
O obradoiro conta cun máximo de 12 prazas, co obxectivo de garantir unha atención personalizada e unha experiencia práctica de aprendizaxe.
Inscricións
O prazo de inscrición estará aberto do 6 ao 9 de abril, e deberá formalizarse na Biblioteca Municipal de Vimianzo.
Esta iniciativa enmárcase nas accións de promoción da lectura e difusión cultural impulsadas pola Deputación da Coruña nas bibliotecas municipais da provincia.