A loita veciñal contra os eólicos de Bergantiños e Xallas colle forza


Na reunión informativa da Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural, celebrada este martes 4 de setembro no edificio de Servizos Múltiples de Coristanco. Unha cita na que se vai comprobando que a veciñanza necesita información, e que a Plataforma está collendo músculo.
A veciñanza afectada pola instalación de 27 xeradores eólicos 180 metros de altura no rural dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba, puido comprobar o seu impacto, para a saúde e o medio ambiente, ademais do impacto visual, a través dunha exposición en pantalla xigante. Para iso, expuxéronse imaxes a escala do territorio afectado cos “muíños” marcados na correspondente situación prevista, seguindo as coordenadas descritas pola empresa promotora dos proxectos eólicos.