A militancia socialista da Costa da Morte recoñeceu o compromiso de Valentín González Formoso


Pasou por Camariñas, Muros, Corcubión, Carballo… e apenas dúas semanas. E a militancia socialista Costa da Morte quixo recoñecer o traballo de Valentín González Formoso á fronte da Deputación da Coruña, que o escolleu como presidente da Agrupación Provincial tralas Primarias deste pasado domingo.
González Formoso arrasou en toda a provincia, cun 70% dos votos ante a ex concelleira santiaguesa Mercedes Rosón. Máis rotunda foi a súa vitoria na nosa bisbarra, onde Formoso colleitou o 100% dos votos en lugares como Carnota, Corcubión ou Dumbría. En todas as agrupacións da bisbarra Formoso venceu.

Pensando nas Municipais 2019
Formoso rematou xusto a semana en Muros e Camariñas, argumentando que “Unidos empezaremos a remontada do PSOE nas municipais de 2019”. Apelando á unidade, Formoso espera que os concellos da Costa da Morte volven ser vermellos.
Novas relacionadas
- Decembro 2017: González Formoso olvida divisións internas e activa o potencial socialista de Bergantiños de cara ás municipais.
- Novembro 2017: As Agrupacións comarcais do PSdG critican os Orzamentos da Xunta 2018 e a nova Lei de Portos.
- Outubro 2017: A militancia do PSdG, pouco máis dividida nas Primarias que no resto de Galicia.
- Hai vida nas casas do pobo do PSOE?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).