A outra vítima do maltrato
12:39 26/09/16
Que significa ser un home? Ser valente. Forte. Responsable. Ter iniciativa. Conseguir un bo traballo. Ser o cabeza de familia. Non ter medo. Non derrumbarse. Non chorar.
Só son algunas das etiquetas que se lle colgan ao varón. A definición de masculinidade obtense do contrario á muller. Canto máis se afaste un home dos atributos considerados femininos, máis varonil se considera. Deste xeito reprímese a parte emocional, máis característica das mulleres. Son elas as hormonais, as sentimentais. Os superhéroes, totalmente masculinos, non choran. Aínda que non pareza prexudicial, a represión e negación da parte emocional da persoa, da máis visceral como a min me gusta chamarlle, trae as súas consecuencias:
- A presión de ser un home. As etiquetas masculinas pesan.
- Vivir reprimido, perdendo a capacidade de saber que sinte máis alá da alegría e do enfado socialmente aceptado.
- Enlaces sociais pouco profundos. O non poder afondar nas emocións dificulta a comunicación en si mesma. Establécense vínculos de amizades pero na cal están máis presentes as vanalidades ou as boas novas, que as preocupacións ou os medos.
- A parella como único confesor. Empregar a parella como única persoa á que abrirse e compartir emocións. Isto acarrea una gran responsabilidade e peso na outra persoa. Tamén idealiza e complementa a idea do amor romántico. O menos romántico é cando a parexa falece e o varón envellece só porque non hai lazos fortes aos que agarrase.
- O sexo como vía de comunicación. Quen non oiu iso de que os homes necesitan o sexo? Incapaces de vivir sen el? É un mito totalmente falso. As mulleres crean diversos lazos sociais profundos con varias persoas, mentres os homes só crean este tipo de lazos ca parella. Ademáis as mulleres gozan da aceptación social de ter contacto físico non sexual, parte desta aceptación é pola visión das mulleres como coidadoras, mentras que os homes non. A represión verbal das emocións e de contacto físico é o que nos leva a que os homes “necesiten” o sexo, pero non por un desexo sexual incontrolado senón pola necesidade de contacto humano e comunicación.
- Dificultades para coidar de sí mesmos e dos demais.
- O traballo como fonte de satisfacción persoal. E todo funciona mentras exista ese traballo, pero cando non existe? A etiqueta de cabeza de familia pesa máis do que se pensa. Se non es capaz de gañar diñeiro, que clase de home eres? O problema é cando o traballo nos define e non telo, aínda sen dificultades económicas, nos afunde. Cando coidar dos propios fillos ou levar una casa deprime a un home é sinónimo de cuan mal estamos nesta sociedade.
- A adrenalina como canalización dos sentimos, diso que non sabemos nin identificar.
- Emprego da violencia física, psíquica ou verbal contra aquilo que non se entende ou se sabe controlar.
Homes e mulleres teñen a mesma capacidade de sentir e emocionarse, pero non todos o expresamos do mesmo xeito. O xénero másculino é fomentado a esconder e reprimir a súa parte emocional dende a infancia. Se como ser humanos constamos de parte física, psíquica e social, está ben recortar una parte de nós en prol da virilidade?
Recomendacións:
- Inside out.
- Una pistola en cada mano.
- Laura Senande Corzón. Baiesa e estudante de Fisioterapia da Universidade da Coruña.
Outros artigos de Laura Senande
- Violencia simbólica e muller obxecto.
- O mito do amor romántico.
- Amor.
- O mito da beleza.
- Cando empeza todo?.
- Odio os exames.
- Sé un adulto.
- Palabras poderosas.
- Destro ou zurdo?.
- Azul eléctrico.
- Desintoxicación.
- Sobredose.
- Que ninguén che diga nunca que non sodes iguais.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).