Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A peaxe da AG-55 queda como está

A peaxe da AG-55 queda como está

Esta mañá de mércores 27 de abril o Parlamento Galego debatía sobre a peaxe da AG-55. E o fixo a través dunhas preguntas da voceira de Infraestruturas do G.P do BNG, Teresa Táboas. Ademais, o voceiro do PSdG Pachi Vázquez aproveitou para preguntar sobre unha suposta irregularidade sobre a adxudicación de obras da Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte.

Eliminación da peaxe da AG-55

O BNG presentaba Proposición non de lei para a supresión definitiva da peaxe, e que foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido Popular. Terémonos que conformar coa concisa rebaixa que aprobou a Xunta o pasado ano, mentres dende o Facebook da Plataforma para liberar a peaxe Autopista A Coruña-Carballo se segue en pé de guerra, con máis de 5.600 membros.

A propia Táboas defendeu "eliminar a peaxe por ser un vial estratéxico na Comarca de Bergantiños e por soportar grande densidade de tráfico". Táboas argumentou na súa intervención que, ante un momento de fonda “crise económica” como a actual e a suba importante do prezo dos combustíbeis deben activarse medidas que abaraten os desprazamentos de todos os veciños que teñen que usar esa vía a diario, así como para o sector do transporte, redución que cifrou entre 900 e 1.936 euros ao ano.

A deputada nacionalista xustificou a presentación desta iniciativa perante a falla dunha oferta ampla de rutas e frecuencias tanto de transporte colectivo por estrada como dun tren de cercanías que permitiría elixir unha opción distinta ao vehículo privado. Desa carencia xa temos dado constancia en numerosas ocasións e que QPC sexa o único espazo onde se poidan visitar todos os horarios da bisbarra dá conta situación.

Adxudicación da VAC

A vindeira semana coñeceremos a empresa que realizará as obras da VAC Carballo-Berdoias, segundo anunciaba o presidente da Xunta Feijoo. E o aseguraba tras unha denuncia do voceiro do PSdG nas que asegura que a Xunta entregará "a dedo" as obras á empresa Dragados.

Aquí deixamos un par de cortes que nos cede a Radio Nordés - Cadena Ser dos dous voceiros na sesión parlamentaria.

Pregunta de Pachi Vázquez

Pachi sobre a VAC

Resposta de Núñez Feijoo

Feijoo sobre a VAC

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.
  • Cortes cedidos pola Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios