Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Consello da Xunta aproba o gasto da Autovía Costa da Morte

O Consello da Xunta aproba o gasto da Autovía Costa da Morte
Novo paso para que a Autovía-Corredor da Costa da Morte sexa unha realidade. E como non, dende a Xunta nos informan de cada paso, malia que sexa moi pequeno. Desta volta o paso é importante xa que o Consello da Xunta aprobaba esta mañá de xoves 23 de decembro o gasto da infraestrutura, tras non recibir ningunha alegación. O orzamento de obra desta actuación elévase a 208,2 millóns de euros, dos cales 13,2 son para expropiacións. O gasto total na infraestrutura, incluíndo o prazo de explotación e o pagamento dos xuros, ascende a 784 millóns de euros, 304 menos que no prego anterior

Previsións temporais

E unha vez máis traemos as novas previsións, que varían mes a mes sen rectificación nin explicación. Por exemplo, se voltamos ata maio deste mesmo ano a Xunta anunciaba que as obras da Autovía entre Carballo e Berdoias non comezarán ata setembro. Con todo, a nova información sae en clave positiva, por susposto, e aseguran que "o novo prego prevé unha redución do tempo de execución en tres meses e o prazo concesional en 5 anos, quedando en 25 anos". Estas son os novos prazos.
  • Licitación da concesión neste mesmo ano do 2010. Na actualidade estanse a ultimar os pregos de cláusulas administrativas particulares.
  • A adxudicación será antes do verán do ano 2011.
  • O prazo máximo para a entrada en servizo da autovía será de 27 meses.
  • Remate das obras dentro desta lexislatura no 2013.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios