“A política é o arte de enganar”

07:39 19/12/16
Chegan os tempos de Nadal e nos chega un crú artigo dende Coristanco. Faino dende o novo grupo En Marea Coristanco da man de Carlos Abelenda, que fai un repaso histórico polas prácticas políticas do seu concello.
“A política é o arte de enganar”
O mes de decembro é un mes que está cargado de numerosas tradicións que teñen unha gran carga emocional para as familias galegas xa que son as datas nas que volven ao fogar aqueles que están no estranxeiro, xúntase a familia ao redor dun banquete, os nenos abren e desfrutan dos seus agasallos, bótase en falta na mesa a aqueles que xa non están con nós, etc.
Como non podía ser doutro xeito, en Coristanco tamén se celebra o Nadal, pero os agasallos xa os levamos abrindo e desfrutando deles dende o século pasado, máis concretamente, dende o ano 1991 cando accede á alcaldía o Sr. Pensado. Con este feito en Coristanco ponse a primeira pedra para a implantación dun goberno que se caracterizou por ser unha brigada caciquil que tiña un xeito de traballar moi sinxelo, e que resuminos cunha cita da obra do pensador florentino Nicolás Maquiavelo
El Príncipe, “a política é o arte de enganar”. Á vista están as numerosas imputacións que acumulan o xa ex-alcalde Don Antonio e os seus vasalos, como o coñecen numerosas veciñas e veciños do concello, o que reivindica a súa figura de cacique.
Ben é certo, que os agasallos recibidos non son iguais para todas as veciñas e veciños, senón que tiña á cidadanía clasificada baixo dous conceptos ben diferenciados: “os meus” e “os que están contra min”. Os que consideraba partidarios do seu facer eran agasallados coa permisión de inflar facturas, aprobar licencias que non se adecuaban ás condicións necesarias, e un numeroso grupo de feitos que xa son coñecidos pola veciñanza do noso concello.
Trala diagnose feita sobre este período escuro para a política municipal do noso concello, cabe dicir que a única semellanza que se pode sacar deste período coas festas do nadal son as “encherolas” e festas que facían o Sr. Pensado e os seus vasalos mais o agasallo que nos deixou en forma de débeda. Polo tanto, mais que consideralo como unha época de felicidade como é o Nadal, podemos dicir que se axeita máis ao titulo da obra de Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra.
A noitevella parecía ser un 22 de maio de 2015 coa perda da maioría absoluta por parte do Partido Popular e do que fora alcalde do concello durante 24 anos, o Sr. Pensado, e que se abría un tempo novo coa chegada de Amancio Lavandeira á alcaldía, que segundo as promesas electorais se ía caracterizar pola súa transparencia e a achega das institucións aos veciños, pero a realidade é ben distinta: inexistencia dun portal de transparencia, veto á intervención de numerosos veciños nos plenos, atrincheiramento do alcalde, trato de favor aos que o alcalde considera “os seus” cando dicía ser o alcalde de todos, en resumo seguimos a ser vítimas dunha política clientelar e de mercadoría de votos propias do goberno caciquil do Sr. Pensado e o Nadal segue sen chegar á
Coristanco a pesar de que estee xa posto nalgunhas parroquias o alumeado que lle desexa ás veciñas e veciños de Coristanco unhas boas festas.
Como dixemos con anterioridade en Coristanco levamos anos gozando dos agasallos que nos deixou o Sr. Pensado e a súa brigada caciquil, pero como non podía ser doutro xeito, Amancio Lavandeira no seu afán de asemellarse ao ex-alcalde e ao seu facer tamén nos está deixando algún que outro agasallo en forma de subvencións perdidas, aprobando un PXOM elaborado a dedo polo goberno anterior, unha baixada de impostos prometida e aprobada en pleno que non se vai levar a cabo, unha subida do IBI coa que se falta á verdade escondéndolle información á veciñanza...feitos que confirman que Coristanco segue somerxido nunha longa noite de pedra.
Para finalizar queremos facer fincapé en que o Nadal segue sen chegar a Coristanco aínda que recentemente o alcalde asistise ao baile da terceira idade para facerse ver nestas datas e dese xeito anestesiar á opinión pública xa que se preocupa máis de saír na prensa que de atender e dar solución aos problemas que sofren numerosas familias que debido á súa situación de precariedade non teñen a posibilidade de gozar destas festas de Nadal e non se ven apoiadas polo Concello xa que as políticas sociais en Coristanco son inexistentes.
“A política é o arte de enganar”![o-principiño]()

- Carlos Abelenda, membro de En Marea Coristanco.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.com).