Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión

A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión
A embarcacion Illas Lobeiras vixiaba en Lira os anos pasado-Foto-Galiciadigital

Lóubase a Xunta de apoiar a Reserva Mariña dos Miñarzos coa cesión dunha embarcación. O pósito carnotán solicitara a embarcación ante a falta de apoio económico para manter un dos bastións da reserva, a vixilancia. Se ben dende Lira recoñecen que a cesión non é suficiente, polo menos poderá servir para que se organicen entre eles os propios mariñeiros/mariscadores. "Autoxestión é o que nos queda" valoran dende Lira.

Polo de pronto, dende a vindeira semana poderán contar coa embarcación Isabel de Barreto para facer as batidas de vixilancia. Trátase dunha embarcación 6,7 metros de eslora e 2,5 de manga, para realizar os labores de vixilancia no seu ámbito territorial e colaborar nas tarefas de salvamento marítimo e na loita contra a contaminación mariña.

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    Comentarios