Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta

A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta

A semana pasada falabamos das Reserva de Papel, como a presidenta das mariscadoras de Lira catalogaba aos Miñarzos nunha carta á Conselleira. Pero é que a reacción da Consellería do Mar vén de deixar atónitos a todos os responsables do pósito carnotán, que non queren deixar pasar de amosar "o seu asombro ante as recriminacións feitas pola Consellería do Mar ás confrarías de pescadores de Lira e Cedeira pola “falta de compromiso” na xestión das reservas mariñas de Os Miñarzos e Ría de Cedeira".

I é que a Xunta sinalou que "os pósitos non poden centrar toda a responsabilidade dunha Reserva na vixilancia", e "teñen que facer máis traballo de divulgación". Algo que non senta nada ben nas confrarías, logo do traballo de ter chegado a medio mundo con este pioneiro proxecto.

Así, lembran que "desde o ano 2003 que se iniciou o proceso para a creación do que foi a primeira reserva mariña de Galicia, a dos Miñarzos, non se pode negar a gran implicación que tivo esta confraría na fase de elaboración da proposta, da súa posta en marcha e da posterior xestión, có que eso trouxo aparellado, como foi a incompresión e mesmo conflictividade con algunhas comunidades pesqueiras veciñas. Ese traballo e implicación mesmo foi recoñecido pola actual Conselleira do Mar, no marco dunha presentación da exposición sobre a reserva mariña de Os Miñarzos na World Fishing Exhibition en Vigo onde se puña a Lira como exemplo de sustentabilidade pesqueira (nota de prensa da Consellería do 17 de novembro do 2009)".

Ese grado de compromiso séguese mantendo a día de hoxe por parte da confraría de pescadores de Lira, "o que non se pode decir o mesmo da Consellería do Mar, que está a facer caso omiso as múltiples peticións de celebración da xuntanza do Organo de Xestión da reserva que se tiña que ter celebrado no mes de marzo e a día de hoxe aínda non hai data fixada para súa celebración, e neste período de tempo tomáronse medidas tan importantes como a última de supresión da vixianza específica sen ter, cando menos informado ou debatido, de tal feito o máximo órgano de goberno da reserva", denuncian dende Lira. "Dificilmente se poderá participar directamente na xestión e control cando por parte da Consellería non se lle da a oportunidade ao sector de poder expoñer os seus prantexamentos no organo de “coxestión” creado ao efecto", destacan.

Abaratando o servizo de vixilancia

Conscientes de que o mantenemento das reservas mariñas resultan costosas e máis, si cabe, no contexto de crise económica que se está a padecer, é por elo que desde a confraría de Lira se ten feito unha proposta de abaratamento do servizo, que a consellería ten no seu poder, e que podería ser debatida, si se tivera reunido ó organo de xestión e control, na data que se recolle no Decreto pola que se crea a reserva e que podería evitar a supresión do servizo.

Polo tanto "dificilmente se pode facer unha xestión compartida cando hai unha parte, a Consellería do Mar, que non ten interese algún en compartir nada, perdon, os custes si", deixan caer.

Compromiso mundial

Ese compromiso vese reflectido mesmo antes da aprobación da reserva, onde se ten elaborado un estudo de avaliación previa do estado dos recursos e da súa biodiversidade, e posteriormente xa coa aprobación da mesma a coordinación, seguimento científico, monitoreo social, exposicións, celebración de talleres de concienciación e sensibilización, obradoiros gastronómicos para posta en valor dos productos da reserva, concursos de caza-fotossub, ferramenta informática para captación de datos e todo foi posible grazas as xestión levadas adiante pola confraría na busca de aliados e de entidades colaboradoras como son a Fundación Lonxanet para a pesa sostible, WWF, Avina, Fundación Oceano Vivo e mesmo empresas de carácter nacional como Telefónica e Caja Madrid, mediante as súas fundacións ou obras sociais ou empresas locales como Stolt Sea Farm, Eurovento, Lacteos Pérez, productos Ruta Xacobea e Ferroatlántica. Polo tanto cando se fala de compartir os custes de mantenemento, posiblemente, a Consellería do Mar non se decatase destas accións desenvoltas grazas ao compromiso inequívoco dunha confraría que sí pensa que outra pesca é posible e así o ten demostrado en múltiples ocasións ao igual que a confraría de Cedeira coa reserva mariña da Ría de Cedeira, e mesmo así o teñen recoñecido disitntas institucións e organismos tanto nacionais como europeos.

Para adiante ou para atrás

Na actualidade a propia Consellería do Mar participa nun proxecto europeo, “Maia”, onde os seus obxetivos prinicipais son a creación dunha rede de xestores de áreas mariñas protexidas así como compartir experiencias con outros países do arco atlántico que xestionan reservas mariñas. Dende Lira consideran que "esto choca fontalmente cós pasos que se están a dar ultimamente por parte da consellería, que non van precisamente no camiño de consolidar as reservas mariñas existentes en Galicia e moito menos de amplialas".

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    • Nota de prensa da Coordinadora da Reserva Mariña dos Miñarzos

    Comentarios